Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de agosto de 2019

Era Galicia un puro val ou oco....

 am14Era Galicia un puro val ou oco
de densidade verde e fume morno.
Era Galicia a chaira máis espida,
inerte néboa sobre illó de lodo.

Era Galicia esguío vento agudo
encrequenando en si tódalas cousas.
Era Galicia un arbre lentamente
ensumíndose un pouco cada hora.


Era Galicia cen avós de terra
sen vengar, mudos ecos que nos moven.
Era Galicia un mar perfectamente
denso, sen luz e con sabor a homes.

Era Galicia a patria do traballo
de nunca terminar, pola boroa.
Era Galicia un home sen cabeza.
Era unha vez Galicia, espranza angosta.


        X.L. Méndez Ferrín. 
22.- 2018.- Quinta do Rebentão (64) 
 
Escrito curto, em forma de carta sem cerimónia.

"bilhetes", in Dicionário Priberam da Língua Portuguesa [em linha], 2008-2013, https://dicionario.priberam.org/bilhetes [consultado em 19-08-2019].
Escrito curto, em forma de carta sem cerimónia.

"bilhetes", in Dicionário Priberam da Língua Portuguesa [em linha], 2008-2013, https://dicionario.priberam.org/bilhetes [consultado em 19-08-2019].

miércoles, 17 de abril de 2019

A Enciclopedia (L’Encyclopédie) , e o retrato de Galicia. .


“Os galegos son amantes do seu país, bos soldados e excelentes mariñeiros”  
(1782).


Romería galega nun gravado do século XIX.

    Autor Eduardo Rolland

A Enciclopedia (L’Encyclopédie) é un fito na historia da Humanidade. Este colosal monumento editorial foi publicado entre 1751 e 1772 baixo a dirección de Diderot e d´Alembert. E nela colaboraron os grandes pensadores do seu tempo: Montesquieu, Rousseau, Voltaire… Concibida como un ‘Dicionario razoado das ciencias, das artes e dos oficios’, non era unha idea orixinal: 23 anos antes aparecera en Inglaterra a ‘Cyclopaedia’. Pero non pode compararse pola ambición e o empeño dunha obra formidable: a francesa tivo 17 volumes de texto, outros 11 volumes de láminas e catro suplementos. En total 72.999 artigos, que chegaron a abarcar uns 20 millóns de palabras con 2.885 ilustracións.


Un dos seus últimos editores foi Charles-Joseph Panckoucke, que lle engadiu catro novos tomos. Para, posteriormente, crear outra enciclopedia monumental propia: a Enciclopedia Metódica, que compilaba o saber da Humanidade agrupado por temas. Comezou a publicarse en 1782 e rematou, xa baixo a dirección da súa filla, en 1832 cun total de 166 volumes.
    
Como a de Diderot e d´Alembert, a Enciclopedia Metódica, coas súas ideas científicas, liberais e laicas, supuxo unha conmoción que a enfrontou ao poder da súa época. E tivo tamén que editarse ás veces na clandestinidade. Aínda así, chegou a España, onde estivo en principio prohibida pola Inquisición.
Os tomos de xeografía mundial supoñen unha obra titánica. E neles atopamos referencias a Galicia. Con algúns tipismos sorprendentes para o lector de hoxe: “Os galegos son en xeral de mediana estatura, robustos, esforzados, traballadores, sufridos, sobrios e económicos, fieis aos seus soberanos; amantes do seu país e tenaces en conservar os seus costumes; son bos soldados e excelentes mariñeiros, e teñen moita disposición para o estudo, pois son reflexivos e saben reter o que unha vez aprenden”.

Tamén asombra a descrición das galegas: “As súas mulleres son agraciadas, festivas, agasalladoras, moi inclinadas ao baile e ás cancións propias do país, e particularmente na costa das provincias meridionais, conservan fermosa cor e cute moi fina”.
Os enciclopedistas franceses definen o clima de Galicia: “frío e chuvioso na parte do Norte, amornado no centro, e quente (ás veces con exceso) nos vales que caen ao Mediodía, atopándose xeralmente a súa costa exposta á incomodidade dos impetuosos ventos que carrexan densas e nocivas néboas”.
Hai máis de dous séculos, o país ten vales vizosos, que producen “trigo e cebada, fabas, garavanzos, chícharos, millo, patacas, viño, liño e algún aceite nas ribeiras dos ríos Sil, Quiroga e Miño, e nalgúns vales das provincias de Ourense e Tui, sen que tampouco lles falte algunha seda, que puidese aumentarse considerablemente nos vales de Monforte e Manzaneda de Trives“. A mención ao aceite desmente a crenza de que non existían xa oliveiras en Galicia a partires dos Reis Católicos.


Mapa francés de Galicia no século XVIII

“A colleita de castaña é abundantísima, e particularmente nos fondos vales por onde corren os ríos. Hai froitas de todas as especies, e de exquisito gusto, sen que falten as máis delicadas, como son laranxas doces e agres, limóns e cidras, que noutro tempo formaban parte dun ramo de comercio que agora pasou ao veciño Reyno de Portugal. Os legumes son dos máis finos e os nabos de extraordinario tamaño”, apuntan os autores da primeira Enciclopedia, previa á Revolución Francesa.
Como é lóxico, os montes galegos están libres de piñeiros e eucaliptos. “Hai carballos, castiñeiros, nogueiras, cerdeiras, bidueiros, érbedos, acivros… e algunhas aciñeiras, lentiscos e faias. Nas ribeiras dos ríos: chopos, salgueiros, amieiros e abeleiras”. Abunda tamén o toxo, “sen que falte variedade de herbas medicinais, de que están cubertos os seus montes e cañadas”.
Por estas paisaxes dunha Galicia virxe, pasea o oso e deixa a súa pegada o lobo, ademais do ‘lobo cerval’, que non é outra especie que o lince boreal. Nos ríos tampouco hai encoros e abundan “xeralmente de troitas, anguías e peixes, e nas súas bocas e rías de salmóns, reos, múxeles e lampreas”.
O mar xa é unha fonte de alimentación de primeira orde. “Nos mares que rodean a costa de Galicia péscanse igualmente case todas as especies coñecidas de peixes, e amphibios, pero con abundancia de congros, abadexos, pescadas,, raias e polbos, que se despachan dentro e fóra do país, salgados e curados, pero sobre todos é tan abundante e delicada a sardiña desta costa, que conducida aos países máis distantes, forma un dos principais ramos do comercio dos seus habitantes”.
ampouco era estraño, hai dous séculos, toparse cos grandes mamíferos mariños: “aínda que non tantas como noutro tempo, aínda se deixan ver de cando en cando algunhas baleas, e outros cetáceos, e moitas bandadas de toniñas e golfiños”.
Galicia conta con sete provincias e 101 vilas. A cidade máis grande é a finais do século XVIII a de Ferrol, seguida de Santiago de Compostela.


Charles-Joseph_Panckoucke.

“O alimento ordinario do Pobo Galego é no interior do país o pan de centeo, as castañas, nabos e as carnes salgadas e chacinas. Na costa, o pan de millo só ou mesturado con centeo, as fabas, a sardiña e os mariscos, e todo xénero de legumes. A bebida ordinaria é a auga, ben que nas súas festas e romarías non escasea o viño e os licores”.

Os herdeiros de Diderot e D´Alembert teñen boas palabras para a nobreza. “A nobreza gallega (que na súa maior parte vive polo común nas súas casas de campo) é agasalladora e hospitalaria cos forasteiros, e ama a sociedade e a diversión. Ten bastante cultura e aptitude para o estudo, e aínda para as ciencias exactas, como o acreditan varios oficiais empregados no exército e a mariña”.

E permítense algúns apuntamentos sobre a historia galega, destacando (dun xeito algo pintoresco) que foi o primeiro reino en constituírse. “Os suevos formaron en Galicia ‘o primeiro Reyno da Monarquía Española’ e estendendo as súas conquistas polo Oriente ata as marxes do Ebro, e dilatando o seu dominio polo Occidente ata as ribeiras do Betis, e recibiron finalmente a relixión católica pola predicación de San Martiño Dumiense“.

En definitiva, así facían o retrato de Galicia os autores da Enciclopedia. En toda Europa os seus lectores podían así informarse sobre o Finisterre europeo. E o retrato daquela obra monumental permítenos viaxar ata a Galicia de hai máis de dous séculos.







jueves, 15 de febrero de 2018

FALADOIRO (lugar no que se murmura):

   

Sobre a debeda pública  galega e a quita.

    Magnífica exposición de Manuel Lago sobre as causas e as posibles solucions.

Todo el poder para el clic


La globalización escribe recto con renglones torcidos

Gracias a su capacidad de innovación y al favor de los consumidores, Google y Facebook han logrado hacerse con el 80% del mercado publicitario digital mundial. Pero la utilización fraudulenta de estas plataformas por terceros para diseminar noticias falsas, contenido inapropiado, incitar el odio o justificar la violencia hace peligrar la confianza de los consumidores y anunciantes.

Un argentino se hace pasar por su hija de 11 años y da una paliza a su acosador

 El padre concertó un encuentro con el hombre que chateaba con la niña y le mandaba fotos sexuales

Cuando el Mediterráneo se secó y las ratas llegaron a España

Cataluña y el sur de Francia fueron refugios climáticos durante el período de aridez que comenzó a azotar la península hace 12 millones de años