imaxe de Reimundo no Tombo da Catedral de Compostela.
O CONDE REIMUNDO,
ainda que NON foi rei, o noso querido Don Anselmo engadeo na lista pola
sua relevancia histórica. Gobernou os territorios da “Galiza
Compostelá” dende o 1.090 ata o 1.107. Coñecido co alcume de Reimundo de
Borgoña, a sua chegada a Corte foi posibel grazas as boas relacions de
Afonso VI con abade Hugo de Clunny (Francia) e de que Reimundo era
sobriño de él (e polo tanto emparentado tamén coa raiña Constança), e a
haber respondido este e o seu primo Enrique a chamada militar do rei.
Moitos nobres galegos opuséronse a crecente influenza dos que chegaban
de Clunny (tamén do clero), e dirixidos polo conde Rodrigo Ovéquiz e o
bispo compostelán Diego Páez, conspiraron pra coroar rei a Guillermo o
Conquistador, rei normando de Inglaterra, que unha vez morto este, o
plan derrumbóuse. (Os nobres Ovéquiz foron desterrados e Diego Páez foi
preso, humillado e torturado e acusado de traizón, sendo xulgado no
Concilio de Husillos no 1.088, librándose grazas a intervención do Papa
Urbano II, que declarou nulo o xuizo. Porén, 2 anos despois, Diego Páez e
despoxado da sua categoria de bispo no Concilio de León de 1.090.
Acabaria os seus dias exiliado en Aragón, onde morreu). A morte do "rei
preso" Garcia II no ano 1.090, supuso “ un estorbo menos” e fai decidir o
rei Afonso VI entregar o goberno de Galicia con Portugal a sua filla
Urraca, casada con Reimundo de Borgoña, co título de condes. Pra apracar
as ansias de poder dos nobres portugueses, Afonso VI crea despois no
1.095 o Condado de Portugal pra a sua filla Tereixa e o seu marido
Enrique, primo de Reimundo, e no que o condado portugués recoñecia a
soberania do galego, e este a sua vez a superior do reino
galaico-leonés, nunha excelente mostra de como funcionaba o poder
feudal. O Conde Reimundo súpose apoiar ben en Diego Xelmirez, o que
nomeou primeiramente administrador da diócese compostelán no 1.094, e
mais tarde influeu e apoiouno pra que o nomearan bispo no 1.100. O
inmenso poder que chegou a acadar Xelmirez co paso do tempo, e
sobradamente coñecido, chegando incluso a acuñar moeda, algo insólito
naquelos tempos. O nacemento do infante Sancho, fillo de Afonso VI e da
moura Zaida, tira por terra os plans de Reimundo de herdar a Coroa como
marido da sucesora ao trono, Urraca; e acada un “Pacto Sucesorio” co seu
primo Enrique de Chalón (ou de Lorena) casado con Tereixa, filla do rei
Afonso e irmán de Urraca.
O
conde Reimundo de Borgoña morre no outono de 1.107, bastante antes de
que o fixera seu sogro, o rei Afonso VI, no 1.109. Dous anos antes de
morrer, naceu o fillo varón de Reimundo e de Urraca, Afonso Reimundez,
que sería o futuro rei e emperador Afonso VII, pois o
fillo do rei Afonso VI, Sancho, seria morto na batalla de Uclés
(Cuenca) no 1.108. Como vemos, un autentico “xogo de tronos” na nosa
terra...
URRACA (1.109-
1.110... 1.125) as mortes do seu home Reimundo no 1.107, do seu
irmanastro Sancho no 1.108 e do pai e rei Afonso VI no 1.109, foron as
consecuencias polas que Urraca acadou o trono naqueles tempos, e que
logo o seu fillo Afonso Reimundez, coñecido como Afonso VII, lle quitou.
Malia que antes da sua morte, o rei Afonso VI deixara escrito que si
Urraca casaba de novo perderia o trono e pasaria o seu neto Afonso
Reimundo, este aconsellou o casamento dela co rei de Aragón, Afonso I o
Batallador. E coroada raiña en Toledo no 1.109 e no outubro dese mismo
ano casa con Afonso o Batallador, nun delicado momento en que os
almorávides estaban atacando Extremadura e nun perigo inminente dos
musulmans cercaren Toledo, como así foi posteriormente. Nese mesmo ano,
Urraca e Afonso o Batallador, acordan a “Carta de Arras”, na cual se
repartian o poder, os territorios e as condicions en caso de fillos ou
divorcio. Neste documento, o fillo de Urraca e de o Conde Reimundo,
Afonso Reimundez, quedaba fora do acordo matrimonial, pero xa o rei
Afonso VI deixara mandado que o seu neto herdaria a Galiza Occidental no
caso de que Urraca casara novamente, coma era este o caso. Esta voda
non gustou nada a nobreza galega, e o Conde de Traba, Pedro Froilaz, aio
do infante (protector, instructor e tutor) e o bispo Xelmirez, coroan
na Catedral de Santiago en setembro do 1.111, rei de Galicia a Afonso
Reimundez, nomeado Afonso VII. Urraca veuse forzada a aceptar, e ainda
que constaba nos documentos como raiña coma él, a
relidade e que perdeu a soberania de facto sobre os territorios de
Galicia e Portugal. Hai revoltas por todo o reino e asaltanse varias
fortalezas. Afonso o Batallador ataca Lugo e no Castelo de Monte Roso,
vence os partidarios de Afonso VII. No castelo de Ribadavia, foron
apresados Pedro Froilaz, Xelmirez e Afonso VII grazas a traizón do nobre
Arias Perez. Afonso VII e levado preso o castelo de Pena Corneira, en
Ourense, sendo ceivado pouco despois por orde da sua nai Urraca, que nun
golpe de timón, rompe toda relación co seu marido aragonés, entrando en
disputa e guerra con él e defendendo os dereitos dos galegos, que veñen
sendo os do seu fillo. Debido a que o rei aragonés Afonso o Batallador
tiña o dominio das terras leonesas e casteláns, a raiña Urraca convoca
Cortes en Santiago na Pascua do 1.112, pra consultar e recibir o apoio
de toda a nobreza galega (laicos e eclesiásticos) pra facer unha guerra
aberta contra o aragonés, na que todos aportan bens económicos e
materias pra tal empresa. Despois de unha serie de batallas, Afonso o
Batallador repudia oficialmente a Urraca no Concilio de León de 1.114,
facendo caso da petición de anulación do matrimonio do Papa, por razons
de consaeguinidade. Este feito repón legalmente a Urraca como raiña de
Castela, pero ainda así, o Conde de Traba e o bispo Xelmirez atacan
algunhas terras e cidades pra confirmar a autoridade. Finalmente, seria o
Papa Pascual II o que obrigará a entregar as vilas e cidades leonesas e
casteláns a os lexítimos gobernantes da raiña. Resoltos os problemas co
seu ex-marido, empezanlle a Urraca os do seu fillo Afonso VII, que
levou a enfrontalos a ambos militarmente, recibindo Afonso o apoio do
Conde de Traba e de Xelmirez. Cando Urraca foi cercada polas tropas do
fillo Afonso (aliado coa sua tia Tereixa de Portugal) no castelo de Vila
Sobroso, en Ponteareas, consegue fuxir do cerco e envia as tropas pra
asediar Santiago, pra forzar o Conde de Traba e a Xelmirez a negociar
con ela. E foi así como no 1.116 en Sahagún, se reuniron bispos e nobres
de todos os territorios de Gallaecia, pra reestructurar e organizar a
Coroa e os intereses da raiña Urraca e o seu fillo rei Afonso VII, que
serian confirmados, plasmados e asinados no Pacto de Tambre no 1.117 ( e
que mais tarde, a partires do 1.118, facilitarian que Afonso VII fose
coroado rei tamén en Toledo). Estes acercamentos e entendimentos entre
os reis e os seus leais, que levou tempo facelos, non sempre foron
entendidos nin acetados polo pobo. Famosa é a insurreción do pobo do
1.116 ou 1.117, na que a raiña Urraca e o bispo Xelmirez foron rodeados e
atacados na Catedral de Santiago, na que incluso se incendiou a torre
na que estaban. Xelmirez logrou fuxir disfrazado, pero a raiña Urraca
foi apaleada, humillada e arrastrada espida pola que hoxe e coñecida
como Rua da Raiña. Tivo autoridade e dominio sobre os territorios de
León e Castela, pero con moitos problemas, polas intermitentes relacions
co aragonés Afonso o Batallador.
Nos
últimos anos da sua vida, Urraca mantivo unha relación amorosa co conde
castelán Pedro González de Lara. En 1.125, quedou gravemente enferma do
parto do terceiro fillo de ambos, e no mes de marzo do 1.126, aos 45
anos de idade, morre na vila de Saldana, en Palencia, unha muller que
foi unha das mais importantes e valentes raiñas que nunca foron vistas.
A partires de ese momento, Afonso VII, reinou só, malia que tivo fortes opositores.
Seguiremos outro dia...