Mostrando entradas con la etiqueta Oporto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oporto. Mostrar todas las entradas
viernes, 7 de febrero de 2020
"Cidade do Porto sempre foi uma cidade virada para a Europa" - Rui Moreira
pasada semana a Alfândega do Porto acolleu o Cities Forum 2020, un foro de reflexión sobre o futuro das áreas urbanas da UE organizado pola Cámara Municipal portuense e a Comisión Europea. No marco deste encontro o alcalde do Porto, Rui Moreira, expresou a súa aposta por que Portugal e España afonden nas súas ligazóns, poñendo como exemplo modelos como a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para avogar por "uma cooperação mais estreita a vários níveis" á que puxo un nome, "Iberolux", tomando como referencia a unión económica e aduaneira do Benelux que Bélxica, os Países Baixos e Luxemburgo formaron a mediados do século pasado. "Praticamente não temos fronteira com a Galiza" Para Rui Moreira, o modelo de cooperación de ambos Estados debera fixarse no que xa sucede entre Galicia e o norte de Portugal. "Practicamente não temos fronteira com a Galiza", resalta o alcalde do Porto, que enxalza tamén as ligazóns idiomáticas e evidencia os fluxos turísticos e mesmo programacións culturais comúns. a Galiza e Portugal falamos o galego, o nosso portunhol", chancea, o que fai que nos "entendamos muito bem". Neste sentido, lembra diversas colaboracións tamén en materia educativa, con "moitos universitarios a estudarem na Galiza, nomeadamente em Vigo", a "influência no norte de Portugal" do Camiño de Santiago ou a "ligação muito particular" do Porto coa Coruña en materia gastronómica ou de posta en valor do pasado "céltico". "O Minho deixou de ser uma fronteira" e por iso, explica Moreira, a súa posta é ir alén deste "tempo fantástico com a Galiza" e afondar na "identidade ibérica", por exemplo, facilitando a difusión de medios de comunicación a ambas beiras da raia. En certo xeito, cre, isto implicaría "realizar o sonho de Fraga Iribarne", xa que o falecido ex-presidente galego "tinha o sonho de não haber fronteira" entre Galicia e Portugal, di. Moreira reitera así unha aposta que xa expresara en público en diversas ocasións, como durante a entrega en 2017 da Medalla de Honra da Cámara Municipal do Porto ao presidente da Xunta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)