luns, 5 de outubro de 2026
domingo, 12 de abril de 2026
O pessimismo português é uma fatalidade?
O pessimismo português é uma fatalidade? Eça de Queiroz sob o olhar atento de Clara Ferreira Alves
A História repete-se
https://podcasts.apple.com/es/podcast/o-pessimismo-portugu%C3%AAs-%C3%A9-uma-fatalidade-e%C3%A7a-de/id1662568994?i=1000624607113
mércores, 7 de agosto de 2024
Grande Entrevista a Vasco Lourenço
Aquí o lnk.
Grande entrevistahttps://www.rtp.pt/play/p12659/e777538/grande-entrevista
xoves, 28 de marzo de 2024
A identidade Galego-Portuguesa na Idade Media
Para entendermos só um bocado desta ideias, demos uma vista de olhos sobre uma personagem que sintetiza bem o momento histórico. Teresa de Portugal, para outros Teresa de Leão, também Teresa da Galiza e a mãe de Afonso Henriques o primeiro rei de Portugal e vencedor na batalha de São Mamede em Guimarães.Teresa naceu em Povoa de Lanhoso, casou com Henrique de Borgonha, era a senhora da Galiza até Coimbra. Teresa não distinguia terras de origem lusitana de outras de além Minho. Todo era um mesmo magma cultural e social e político no rexime feudal daquela altura controlado ou coordinado dende o Reino de Leão. Poderíamos avançar mais na historia para vermos a evolução da criação do reino de Portual, o papel da Igreja católica romana e o papel de Cluny abadía protegida por Alfonso VI de Leão o emperador. Todo eso e a separação política dos territorios e o papel da Reconquista contra os mouros,os reis católicos, a batalha de Toro etc. seríam pontos importantes para fazermo-nos a ideia do que aquí se tenta explicar.
fonte.
domingo, 15 de outubro de 2023
Vermudo II, un rei galego desde o Cantábrico até o Mondego
Vermudo II, un rei galego desde o Cantábrico até o Mondego.
Hai 1041 anos, concretamente 15 de outubro de 982, Vermudo II foi coroado na catedral de Santiago de Compostela como rei da Galiza. Membro do círculo familiar dos Goterres e pai de Afonso V, actuou como instrumento do partido galego na delicada conxuntura de finais do século X.
A loita pola hexemonía entre os distintas territorios vai cruzar a vida do reino cristián peninsular na segunda metade do século X. Se tras a morte de Ramiro II, criado en Celanova e membro do clan dos Goterres, o seu fillo Sancho I xoga a carta de Castela e León, o que provoca o enfrontamento cos galegos que impoñen como monarca ao seu irmán Ordoño III, unha situación semellante vaise vivir cos fillos destes Ramiro III e Vermudo II. Un é outro defenden intereses contrapostos, sintetizando a súa presenza no trono o predominio dunha ou outra facción no Goberno do reino cristián peninsular.
As novas circunstancias xeopolíticas na península, como consecuencia da debilidade do reino navarro e da ruptura do pacto entre Ramiro III e o califa de Córdoba, levaron os galegos a impulsaren unha nova candidatura ao trono. Neste contexto, produciuse o 15 de outubro de 982, na Catedral de Compostela a coroación oficial de Velasquita e Vermudo II, quen xa actuaba desde finais do ano anterior como monarca galego á vista do recollido nunha doazón ao mosteiro de Guimarães, fundado por Mumadona Dias, a matriarca do clan dos Méndez e “irmá de sangue” de Ramiro II.
A entronización de Vermudo e Velasquita
O acto de entronización de Vermudo e Velasquita foi toda unha declaración de intencións do programa político do monarca e do novo núcleo de poder no reino. A presidencia do mesmo correspondeu a San Rosendo, que volveu a Compostela após ser apartado da cadeira episcopal por Rodrigo Vasques, home de Ramiro III na Galiza, para impor o seu fillo Paio Rodrigues como bispo. Ao tempo, estiveron presentes os membros do núcleo central da oligarquía galega como Gonzalo Mendes e os seus fillos, Goterre Osorio, Aloito Fernandes, Rodrigo Ordoñes ou Froila Vímaras.
O novo rei non conseguiu o control efectivo do reino até finais de 984. Se desde 981 a área galega portuguesa xa estivo rexida polo novo monarca, este atopou resistencia nunha parte das terras leonesas e castelás. Así as cousas, Vermudo actuou durante tres anos como rei privativo da Galiza, asumindo o control doutras zonas da coroa a partir de mediados de 984. Malia que a historiografía españolista retrasa até 985, data da morte de Ramiro III, a entronización de Vermudo en León, á altura de 984 as terras de Saldaña xa estaban baixo o seu Goberno, resistíndose até o final o condado de Castela, en mans de García Fernández, fillo de Fernán González, co apoio das tropas musulmás.
Vermudo vai actuar en política como un instrumento do partido galego. O seu círculo familiar está formado polos Goterres, destacando entre estes Mendo González, conde de Portugal, titor do fillo de Vermudo, Afonso V e pai da súa esposa, a futura raíña Elvira Mendes. Ao tempo, o monarca liga lazos con esta familia ao casar con Velasquita Ramíres membro da saga dos Guterres, como filla de Adosinda, irmá de San Rosendo e da raíña Goto e filla de Santa Aldara. O propio Vermudo fai parte tamén deste grupo familiar, na súa condición de neto de Ramiro II, fillo de Elvira Mendes.
Os Goterres
O circulo dos Goterres significa o núcleo central de poder da monarquía hexemónica no espazo cristián peninsular e evidencia a orixe galega de todos os reis e raíñas desde finais do século IX até comezos do século XIII. Unha viaxe pola rama paterna de Vermudo , neste caso a dos Goterres, onde San Rosendo xoga o papel de cabezaleiro, certifica que sete mulleres desta familia, rematan como raíñas, Elvira Mendes, Adosinda Goterres, Aragonta Gonzales, Goto Nunes, Teresa Ansures, Velasquita Ramires e Elvira Mendes.
A historiografía españolista non adoita a ser xusta con Vermudo. Coñecido como o Gotoso, por sufrir da doenza de gota, alcume imposto polo seu inimigo Paio de Oviedo, o seu cronista, o bispo Sampiro cualifícao de “prudente”, porén o relato maioritario colócao como un monarca incapaz, seguindo a liña argumental aplicado a aqueles reis que se teñen caracterizado durante a súa vida polo enfrontamento con Castela. Ao tempo, as circunstancias políticas marcadas polo grande vigor do Califato de Córdoba e dunha endiañada situación interna non van facer doada a súa xestión.
A valoración negativa sobre este monarca galega está condicionada polo
sentido da súa acción de goberno. Precisamente, toda a súa vida política
está cruzada cun duro enfrontamento co partido castelán, que tentaba o
control dunha parte do Reino da Galiza,
naquela altura conformado por un amplo territorio, cuxos lindes
chegaban desde o Cantábrico até o Mondego e desde o Atlántico ás terras
de Araba e Castela.
Sétima Legião - Reconquista
Banda portuguesa dos anos 80. Curiosa esta canção de letra histórica e mitológica na que fala dos celtas, da Galiza e das conquistas dos nossos reis e a Reconquista contra os mouros.
Vão partir velas ao Sol
Há bandeiras desfraldadas, torres, lanças, brilham espadas
Vão reconquistar o Sul
Os Celtas que vão partir
Quando o Sol nascer...
Grinaldas nas ameias, ardem as
Que não nos podem queimar
Gaiteiros enfeitados, vão tocar cantos passados
Por aqui vai começar
E vem dançar, vem dançar
Até o sol nascer
Das ribeiras da Galiza, através da Ibéria antiga
Em nome dos nossos Reis
Retomar as fortalezas, "Sant'Iago e aos Mouros"
Para impor as nossas leis
Os Celtas que vão partir
Quando o mar crescer...
Ignorem-se os presságios que nos falam de naufrágios
Vão partir velas ao sol
São guerreiros enfeitados que ao som de cantos passados
Vão reconquistar o Sul
Mas vem dançar, vem dançar
Até o sol nascer...
Gaiteiros Guerreiros
Bandeiras Fogueiras
Castelos Reconquista
luns, 20 de febreiro de 2023
O assalto o santa Maria. Visto só dende a olhada portuguesa.
o assalto o santa Maria. Tirado do blog "as brumas da memoria".

Visto só dende a olhada portuguesa. Ficamos pendentes de engadir que neste grupo no que estava o galego cineasta de Celanova Pepe Velo e José Fernando Fernández Vázquez (Comandante Sotomayor).
Todos participavam nesta quimérica ação dentro dum directorio ibérico de libertação das ditaduras de Espanha e Portugal.
A ler: O desvio do Santa Maria e o princípio da Guerra do Ultramar.
Fonte a Wkipedia. 👇
o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación
en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende
xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses
desta organización na toma do navío portugués Santa María o 22 de xaneiro de 1961, en ruta entre Curaçao e San Xoán de Porto Rico, na coñecida como Operación Dulcinea,[1]
co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta
antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional
sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica. Fracasada a operación por diversos motivos, o 4 de febreiro de 1961
acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos
secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor,
que tamén participou na toma do navío, na cidade de São Paulo.
luns, 12 de setembro de 2022
Notas de historia. O conde de andeiro um galego na corte portuguesa.
Recreación do asasinato de Xoán Andeiro a mans do mestre de Avís, futuro
rei de Portugal.Óleo de 1860 de José de Sousa custodiado no Museo
Nacional de Soares dos Reis de Porto.
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/exilio-galego-do-seculo-xiv/20190424213728078574.html
O proceso de incorporación subordinada de Galiza ao espazo castelán só foi posíbel mediante o emprego da violencia. A morte en Sarria en 1230 do rei galego Afonso VIII, cuxo reinado se caracterizou por un aberto enfrontamento con Castela, abriu a porta a anexión do país polo seu fillo Fernando III após violentar os dereitos da súas irmás dona Dulce e dona Sancha, designadas polo pai para sucedelas no trono e que representaban os intereses da nobreza galega e dun emerxente sector mercantil.
A defensa dunha Galiza arredada de Castela, unida a Portugal, hexemónica no espazo ibérico e ligada aos pobos atlánticos mobilizarán o país contra o reis alleos ao longo do século XIII, primeiro en defensa dos dereitos das herdeiras lexítimas personificadas nas fillas de Afonso VIII e posteriormente na proclamación como rei de Galiza do fillo de Afonso X, Xoán I. A proposta programática defendida polo partido galego durante ese períodoserá retomada á volta do século XIV polos núcleos reitores da nosa sociedade dirixidos de xeito indiscutíbel por Fernán Ruiz de Castro.
A revolución galega do século XIV exemplifica a aposta das nosas clases dirixentes por seguir desenvolvendo as potencialidades nacionais do país fronte ao hexemonismo castelán que tentaba anulalas. Non foi a defensa da lexitimidade de Pedro I contra o seu irmán Henrique o elemento central que dinamizou a protesta galega a partir de 1366, senón o convencemento de que o primeiro representaba os intereses da maioría social galega.
A propia continuidade da rebelión galega durante practicamente vinte anos após a morte do monarca é unha proba definitiva sobre as motivacións reais dun movemento que respondía a vontade de tronzar a dependencia do país dunha Castela hexemónica na área peninsular que aspira a reforzar o seu dominio mediante a conquista dos outros reinos. Os sucesos da segunda metade do século XIV son a expresión dun movemento de carácter nacional popular que se alonga desde 1357 até 1386 con diversos protagonistas e liderados e que só pode ser derrotada pola acción violenta de forzas alleas a Galiza.
A revolta galega só puido ser destruída pola represión. A partir da derrota en 1371 do exército galego comandado por Fernán Ruiz de Castro en Porto de Bois lévanse adiante unha serie de actuacións, sumarias e brutais, dos exércitos casteláns de Pedro Sarmiento e de Manrique contra as zonas centrais da resistencia, como Tui,Lugo ou a Ribeira Sacra, ao tempo que se procede á ocupación de numerosas localidades de importancia económica e estratéxica, empregando forzas de carácter mercenario.
Video, historia de Portugal de Hermano Saravia. Ambientación da época sobre a existência do conde Andeiro, consorte da rainha Leonor Tellez de Meneses.
