Mostrando entradas con la etiqueta gallaecia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gallaecia. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de agosto de 2019

Notas soltas. As vezes encontram-se coisas reconfortantes na rede.


   Por acaso e como continuação do mesmo tema do post anterior, o Aspirina B, (blogue de referência, culto e leitura habitual para mim,) remite-nos a um artigo de Nuno Pacheco no Público sobre a figura do escritor , linguista, e apaixonado de Galiza e o Galego Medieval, Fernando Venâncio. Vale a pena ler e sobre tudo ler artigos e opiniões de Fernando Venâncio que sabe mais que ninguém e explica como ninguém o relato do chamado galego-português ou galego medieval ou a relação actual entre galego é português 

.

Gallaecia.    Aspirina B.

Fernando Venâncio fez parte da equipa de autores aspirínicos num período em que este blogue esteve para acabar pouco tempo depois de ter surgido, estávamos em 2006. Embora não tivesse sido um dos fundadores, foi também graças a ele que o Aspirina B sobreviveu à debandada geral ocorrida em Fevereiro e Março desse ano (quatro meses depois de ter nascido das cinzas do “Blogue de Esquerda”). Esse outrora era ainda de relativa novidade da blogosfera no ecossistema da comunicação social portuguesa, ainda uma arena onde autores e comentadores se nivelavam por cima quanto a competências intelectuais, mas a fase da vanguarda já tinha passado e a sua obsolescência já tinha sido inventada (o Facebook foi lançado em 2004, o Twitter em 2006). O Fernando viria a sair em 2008, passando a gastar o tempo aqui perdido em actividades e projectos infinitamente mais valiosos do que publicar neste pardieiro.
O enquadramento suso para saudar mais uma obra sua a caminho, e a sempiterna paixão pela Galiza e as nossas línguas pátrias e mátrias. Foi um raro prazer o convívio com a sua pessoa, é uma honra ter escrito ao seu lado.

Português e galego, “linguas irmás, ningunha submetida á outra”

 

     Entrevista sobre o mesmo na nosa terra. 

«Decepciona ver galegos difundindo mitos portugueses negadores do galego»

A presença do espanhol na Galiza é tão dominante que uma pessoa pensa: que heroicidade a daqueles galegos que, contra essa enxurrada castelhana dia e noite a todos os níveis, até ao nível cultural, se empenham em conservar o galego como língua viva.


Maia informação o respeito.   AEG, revista Kallakia.

miércoles, 6 de junio de 2018

A invención da Gallaecia e a minaría do ouro.




Vou contar un pouco de que vai este libriño 
de «A invención da Gallaecia 
e a minaría do ouro» Vai ser longo, confío que pague o esforzo..

O libro é unha proposta sobre as oríxenes históricas da Gallaecia, 
a única provincia romana que foi entidade político-administrativa 
dende a fundación polo emperador 
Augusto no -15. (Prov. Transduriana) até hoxe. (sigue→)
Con permiso do autor, a quem pedi licença 
para fazer este post, apanhei no Twiter isto que da pé 
o próximo  lanzamento do seu livro 
sobre a Gallaecia e a mineria. 
Ahí vão os retalhos do twiter,
 a espera da 
publicación do livro que parece muito interesante. 
 
O eido da Gallaecia romana orixinal desenvolveuse entre o Douro,
 o Esla e o Navia, espazo que ven coincidir 
coa extensión do mundo castrexo. 
Logo chegou moito máis lonxe, cubrindo toda a meseta norte, 
o que aínda se mira no espallamento do topónimo 'castro'. (→)

O eido da Gallaecia romana orixinal desenvolveuse entre o Douro, 
o Esla e o Navia, espazo que ven coincidir coa extensión do mundo 
castrexo. Logo chegou moito máis lonxe, cubrindo toda a meseta norte,
 o que aínda se mira no espallamento do topónimo 'castro'. (→)

Añadir leyenda






¿Que vencella a minaría do ouro coa provincia da Gallaecia? Neste espazo a minaría galaicorromana do ouro deixounos unha abraiante coleción de buratos, furnas, cavadas, foxos, cabornas, bornas, sirias, ensilias, covas, sinais dunha minaría extensísima e intensísima. 





 




O mundo castrexo non era homoxéneo. Na costa, estes «lusitanos das montañas» (Estrabón) mantiñan un activo comercio co Mediterráneo a través de Gades, ruta que os gregos chamaron das Casitérides. Para o comercio de que? Pois dun metal estratéxico: a casiterita ou Estaño. (→)




 





Os castrexos da zona de Porto, (Cale - Kallaikoi) foron dos primeiros en se defender dos romanos. E eles chamaron así a tódolos castrexos. Coa presión romana, nesta zona costeira surxiron grandes castros e os símbolos dunha nova riqueza e dunha nova xerarquía guerreira.. (→)
 

 Os galaicos tiñan minas de estaño, mais tamén ouro. Moito. Algo polo que os aristócratas romanos como Xullo César debecían. O ouro era moito máis ca riqueza, era un arma política.
 

Após de moito loitar, fixeron un pacto. Os galaicos pasaban a ser «aliados» dos romanos (o que quere dicir súbditos, claro, mais cun trato preferente). Liberdade a cambio de laboria-las minas e loitar do lado dos romanos. O pacto quedou sinalado nas moediñas de caetras  



En canto que Augusto someteu a ástures e cántabros, os galaicorromanos comezaron a explota-las minas dos ástures, ó leste do Navia e do Invernadoiro. A tradición mineira dos galaicos e a organización romana deron nunha combinación perfecta, seica demasiado...
 

Os galaicorromanos abrollaron a maior febre mineira da Antigüidade. Chegou tanto ouro do NO da Iberia a Roma que no ano 69, tras dunha serie de conspiracións, o gobernador da Citerior e logo o da Lusitania foron nomeados emperadores.  

Foi o ano dos 4 emperadores. A primeira gran crise do Imperio. ¡¡O ouro galaicorromano estaba a merca-lo trono de Roma!! O problema foi remediado por Vespasiano concendendo a toda Hispania a cidadanía itálica. Un fito e un privilexio extraordinario. 
 
 Xa cos privilexios adquiridos, os galaicorromanos comezaron despoboa-los castros e a vivir en vilas, ó xeito dos romanos. No s.IV a Teodosio o Grande, derradeiro emprerador de todo o Imperio, Hidacio dicíanlle galaico, inda que era de Cauca, até alí chegaba a Gallaecia. 
 
 A identificación da elite galaicorromana co país era xa o bastante forte como para que cando os invasores suevos establecero o primeiro reino independente da Europa, non crearon a Suabia, senón o reino suevo da Gallaecia.
 

Esta é a tese histórica. E é importante porque danos a medida do esforzo posto nesta minaría e a medida do valor do ouro minado, alén das cantidades e os teores. Sen entende-los incentivos dos galaicorromanos para mina-lo ouro, so mirariamos buratos e cavadas.  

Pero o libro non só a unha historia de romanos e galaicos, de imperios e conquistas, de asoballamento e civilización. Tamén é un libro que fai xeo-arqueoloxía aplicada para interpreta-las pegadas mineiras nos montes da Groba e o Baixo Miño. 
 

Temos, por exemplo, o senlleiro Monte Furado de Covas, no río Coura, en Portugal, q inda que moito máis estreito, é máis longo que o coñecídismo de Quiroga, está moitísimo mellor conservado e até segue a existi-lo encoro que lle daba servizo.  


Os montefurados usábanse para relaboriar os refugallos desbotados ós ríos nas zonas mineiras, especialmente nas cheas de inverno. As actuais pesqueiras tamén pudieron ter o seu orixe nesta época, funcionando en orixe como trallos de ouro.


No Baixo Miño temos senlleiros exemplos de minaría en primario, en secundario, e de solos, da que ninguén fala nunca, porén ser-la orixe das meirandes pebidas douro das que se teñen noticia.  


Nas minas de Messegães, Monção, ou A Grobia de Arbo, gabias de exploración de centos de metros cavan até as raigañas dos bancais e mesmo do xabre para abroia-lo paleorrelevo do río e as covichas e fendas que entrampan as pebidas de ouro 


E por Salvaterra, Ponteareas, As Neves ou Salceda temos as impresionantes furnas drenantes para quitar auga dos montes e levala ás minas. Coma os montefurados, outra tecnoloxía galaica, algo que non se coñece en ningún outro sitio do Imperio

 Unha chea de minas, grandes e pequenas, centos de grandes laborías e pequenos traballos de exploración espallados por toda Galicia e que quedaron na memoria popular de Galicia até hoxe. Esta é a pegada da máis grande febre do ouro que viviu o mundo até a Idade Moderna.