Mostrando entradas con la etiqueta lume. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lume. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de julio de 2022

O LUME, sempre está. Uma reflexão no meio do inferno.

 Incendios en Ourense

 LUMES: TRAMAS E TRAMOLLISTAS. 

por Albino Prada

A invención dunha presunta (fake news) conspiración a ser posible imputable a algún axente exterior (óptimo se é estranxeiro, inmigrante ou con outra cor de pel ou relixión) é un truco que os que procuran facerse cunha tropa social veñen usando dende sempre. Nos lumes forestais, tamén.

Abonda con que de cen casos se diga que un foi para recualificar uns terreos, outro para limpar sen gastar, outro por limpar mal, e outro por asar un chourizo… quedan noventa e pico sen explicar, pero xa temos tres ou catro tramas incendiarias para montar un lío mediático-político.

Os tramollistas son aqueles que agachan algo cun efecto óptico. No caso dos lumes, as causas de fondo polas causas inmediatas, aparentes e fake news: as tramas.

Pero se imos ás causas de fondo e non nos deixamos embobar polos tramollistas das tramas (como Núñez Feijóo e outros antes del) caemos case seguro nos tramollistas das causas de fondo. Que tamén os hai.

Digo isto porque é habitual ver nos chamados medios de comunicación de masas páxinas (web ou pantallas agora) informativas nas que a súa composición é xa todo un poema para poder clarexar as causas de fondo. Hoxe, 20 de xullo, quedo pasmado diante desta sintomática páxina en plena onda incendiaria no país.

Sabemos que unha causa de fondo real da vaga incendiaria é o colapso climático provocado polo complexo nuclear-fósil a escala mundial e a súa actual proliferación e duración de ondas de calor. Pois ben, na esquerda da imaxe dísenos que imos buscar un acordo para acelerar o colapso, mentres a dereita asegura que andamos moi preocupados por un dos efectos do tal colapso.

Non é este un caso singular, é un exemplo de tramollismo habitual nos telexornais de todas as cadeas. Pasar dunha cousa á contraria sen despeitearse. Por caso, un areal (pateras/turistas) ou a crise climática (mortes pola calor/aeroportos petados).

Certo que hai alternativas de fondo para colocar na esquerda desa imaxe (ver aquí): electricidade verde xerada con biomasa recollida nos montes. Un monte limpo non arde. Sendo así que evitamos lumes forestais e non engordamos o colapso climático.

Pero para iso temos que esquecernos das tramas, poñer no seu sitio aos tramollistas (das causas próximas e das causas de fondo), gastar menos no negocio do lume e en vicios de novos ricos (Xacobeos, Gaiás, …), e crear emprego decente nunha outra transición enerxética. Moito traballo por facer.