oscar pazos @opr_tw
Vou contar un pouco de que vai este libriño
de «A invención da Gallaecia e a minaría do ouro» Vai ser longo, confío que pague o esforzo..
O libro é unha proposta sobre as oríxenes históricas da Gallaecia,
a única provincia romana que foi entidade político-administrativa dende a fundación polo emperador Augusto no -15. (Prov. Transduriana) até hoxe. (sigue→)
Con permiso do autor, a quem pedi licença
para fazer este post, apanhei no Twiter isto que da pé
o próximo lanzamento do seu livro
sobre a Gallaecia e a mineria.
Ahí vão os retalhos do twiter,
a espera da
publicación do livro que parece muito interesante.
O eido da Gallaecia romana orixinal desenvolveuse entre o Douro,
o Esla e o Navia, espazo que ven coincidir coa extensión do mundo castrexo. Logo chegou moito máis lonxe, cubrindo toda a meseta norte, o que aínda se mira no espallamento do topónimo 'castro'. (→)
O eido da Gallaecia romana orixinal desenvolveuse entre o Douro,
o Esla e
o Navia, espazo que ven coincidir coa extensión do mundo
castrexo. Logo
chegou moito máis lonxe, cubrindo toda a meseta norte,
o que aínda se
mira no espallamento do topónimo 'castro'.
(→)
| Añadir leyenda |
¿Que vencella a minaría do ouro coa provincia da Gallaecia? Neste espazo
a minaría galaicorromana do ouro deixounos unha abraiante coleción de
buratos, furnas, cavadas, foxos, cabornas, bornas, sirias, ensilias,
covas, sinais dunha minaría extensísima e intensísima.
O mundo castrexo non era homoxéneo. Na costa, estes «lusitanos das
montañas» (Estrabón) mantiñan un activo comercio co Mediterráneo a
través de Gades, ruta que os gregos chamaron das Casitérides. Para o
comercio de que? Pois dun metal estratéxico: a casiterita ou Estaño.
(→)
Os castrexos da zona de Porto, (Cale - Kallaikoi) foron dos primeiros en
se defender dos romanos. E eles chamaron así a tódolos castrexos. Coa
presión romana, nesta zona costeira surxiron grandes castros e os
símbolos dunha nova riqueza e dunha nova xerarquía guerreira..
(→)
Os galaicos tiñan minas de estaño, mais tamén ouro. Moito. Algo polo que
os aristócratas romanos como Xullo César debecían. O ouro era moito
máis ca riqueza, era un arma política.
Após de moito loitar, fixeron un pacto. Os galaicos pasaban a ser
«aliados» dos romanos (o que quere dicir súbditos, claro, mais cun trato
preferente).
Liberdade a cambio de laboria-las minas e loitar do lado dos romanos. O
pacto quedou sinalado nas moediñas de caetras
En canto que Augusto someteu a ástures e cántabros, os galaicorromanos
comezaron a explota-las minas dos ástures, ó leste do Navia e do
Invernadoiro.
A tradición mineira dos galaicos e a organización romana deron nunha
combinación perfecta, seica demasiado...
Os galaicorromanos abrollaron a maior febre mineira da Antigüidade.
Chegou tanto ouro do NO da Iberia a Roma que no ano 69, tras dunha serie
de conspiracións, o gobernador da Citerior e logo o da Lusitania foron
nomeados emperadores.
Foi o ano dos 4 emperadores. A primeira gran crise do Imperio. ¡¡O ouro
galaicorromano estaba a merca-lo trono de Roma!!
O problema foi remediado por Vespasiano concendendo a toda Hispania a
cidadanía itálica. Un fito e un privilexio extraordinario.
Xa cos privilexios adquiridos, os galaicorromanos comezaron despoboa-los
castros e a vivir en vilas, ó xeito dos romanos. No s.IV a Teodosio o
Grande, derradeiro emprerador de todo o Imperio, Hidacio dicíanlle
galaico, inda que era de Cauca, até alí chegaba a Gallaecia.
A identificación da elite galaicorromana co país era xa o bastante forte
como para que cando os invasores suevos establecero o primeiro reino
independente da Europa, non crearon a Suabia, senón o reino suevo da
Gallaecia.
Esta é a tese histórica. E é importante porque danos a medida do esforzo
posto nesta minaría e a medida do valor do ouro minado, alén das
cantidades e os teores. Sen entende-los incentivos dos galaicorromanos
para mina-lo ouro, so mirariamos buratos e cavadas.
Pero o libro non só a unha historia de romanos e galaicos, de imperios e
conquistas, de asoballamento e civilización. Tamén é un libro que fai
xeo-arqueoloxía aplicada para interpreta-las pegadas mineiras nos montes
da Groba e o Baixo Miño.
Temos, por exemplo, o senlleiro Monte Furado de Covas, no río Coura, en
Portugal, q inda que moito máis estreito, é máis longo que o coñecídismo
de Quiroga, está moitísimo mellor conservado e até segue a existi-lo
encoro que lle daba servizo.
Os montefurados usábanse para relaboriar os refugallos desbotados ós
ríos nas zonas mineiras, especialmente nas cheas de inverno. As actuais
pesqueiras tamén pudieron ter o seu orixe nesta época, funcionando en
orixe como trallos de ouro.
No Baixo Miño temos senlleiros exemplos de minaría en primario, en
secundario, e de solos, da que ninguén fala nunca, porén ser-la orixe
das meirandes pebidas douro das que se teñen noticia.
Nas minas de Messegães, Monção, ou A Grobia de Arbo, gabias de
exploración de centos de metros cavan até as raigañas dos bancais e
mesmo do xabre para abroia-lo paleorrelevo do río e as covichas e fendas
que entrampan as pebidas de ouro
E por Salvaterra, Ponteareas, As Neves ou Salceda temos as
impresionantes furnas drenantes para quitar auga dos montes e levala ás
minas. Coma os montefurados, outra tecnoloxía galaica, algo que non se
coñece en ningún outro sitio do Imperio
Unha chea de minas, grandes e pequenas, centos de grandes laborías e
pequenos traballos de exploración espallados por toda Galicia e que
quedaron na memoria popular de Galicia até hoxe.
Esta é a pegada da máis grande febre do ouro que viviu o mundo até a
Idade Moderna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: