Hai 836 anos, o 22 de xaneiro de 1188, falecía en Benavente, Zamora o rei de Galicia Fernando II, tres meses antes do remate e a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago de Compostela que realizara o Mestre Mateo baixo o seu mecenado. Na catedral tiña provisto fondos para a construción do que iba a ser o Panteón dos Reis galegos, onde manifestara publicamente o desexo de ser enterrado.
Catro anos antes, no 1184 o Rei fixera entrega o seu familiar e amigo Fernando Arias a Herdade de Sabaceda, na que había unha pequena igrexa Sé da Parroquia de San Martiño de Moaña co encargo de facer unha nova e mais grande “para o remedio da miña alma e a dos meus pais”.
No tímpano da porta principal xunto con San Martiño, San Bricio e San Emiliano están representados, o Rei con un cálamo na man e Fernando Arias con un pergameo ilustrando o acto da cesión dos terreos da Parroquia de San Martiño.
No outro tímpano, probablemente da antiga sacristía, que se conserva no Museo de Pontevedra, figuran de novo os dous persoeiros pero en posición xacente xa falecidos. O rei barbado e con coroa e cos ollos pechados ten o seu brazo esquerdo levantado e a cabeza apoiada nel e o dereito cruzado sobre o ventre. Fernando Arias está en posición especular respecto o rei.
Estas posturas son semellantes as que amosan os sepulcros de Fernando II, Afonso VIII ou Raimundo de Borgoña no Panteón dos reis de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela pero condicionadas pola limitación do espazo dispoñible e pola menor mestría do escultor. A sua actitude é durminte como acontece cos outros sepulcros cos que comparte espazo. O rei durme agardando a volta a vida, aspecto este que se reflicte no pensamento medieval.
Fonte: Reino medieval de Galicia. Facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: