Odoyno
Veremudiz foi un monxe galego do século X. Pouco antes de morrer, no
ano 982, redactou un documento, a modo de testamento, o destino que
quería dar á súa propiedade máis querida, a igrexa e terrar de Santa
Comba de Bande, que herdara de seu pai Veremundo, Pero antes de rematar o
documento que doaba Santa Comba ao mosteiro de Celanova, odoyno quixo
explicar con certo detalle o que supuxera para el o mantemento de dita
propiedade en vida e, de paso, o seu propio periplo vital,
O relato inclúe o contacto cos mais importantes personaxes da sua
época, como o rei de león Ranemiro II, o bispo Rudesindo (San Rosendo), a
abadesa fundadora de Guimaraes, Mumadomna Didaz, e o "conde santo" de
Lourenzá, Osorio Guttierriz. Tamén narra Odoyno a sua aventura amorosa
cunha xoven abadesa, onneca, probable filla de Mumadomna. Todos estes
pormenores dotan a este documento galego dunha importancia única, que
este libro trata de ofrecer aos lectores xunto cun amplo comentario
sobre as circunstancias políticas, económicas e culturais dunha época
esquecida na que a fronteira sur de Galicia limitaba co río Mondego.