Patrimonio toponímico
O link levámonos a unha conferencia na Universidade de Ourense , no ano 2013, do Profesor Navaza, filólogo e experto en toponimia.
É interesante a exposición sobre o tena, en abonda en ideas que eu - permitase-me a licencia, e o meu nivel de home da rua, levo defendendo xa dende longa data. Sen ter coñecementos do tema, mas baseándome na intución, nas regras da lóxica e de unha idea de respecto o patrimonio galego e a herdanza recibida.
As agresións no patrimonio toponímico son enormes e moi daniñas para o acervo cultural e histórico. Mellor que o que diga eu, é, mellor, escoitar o vídeo. Así acadamos polo menos una mentalización fundamentada do valor que ten o topónimo histórico. Patrimono do que Galicia ten dabondo pola secular distribución do noso territorio e que representa fielmente aínda toda unha memoria do pasado. O topónimo é a referencia do pasado aínda que non fiquen restos dos motivos polo que leva ese nome. Os oficios, as formas de vida mudan mas o recordo do nome que tiveron desde antergos séculos traslada a nosa mente e o noso espíritu a convivencia con formas e modos dos que procedemos.
A anécdota de OXFORD e a de PORTO DE BOIS:
Xa noutra ocasión ouvira contar esta anécdota ben curiosa, que narra o profesor Navaza e parece sintetizar a filosofía do porque debemos manter o nome antergo e a filosofía que detentan os destrutores dos orixens e os seus porques. Parece simples e sinxelo nembargantes reflicte unha realidade profunda. Oxford é ben coñecida no mundo como centro universitario, lumieria cultural, e o seu nome vai xunguido a concepcións como a da modernidade, o estudio histórico, a ciencia, o progreso etc. O significado do seu nome británico traducido o galego sería algo así como boi ( pelo de Ox) é ford que é vado ou forte ou porto, o que podemos traducir perfeitamente por lugar, vado ou porto de bois. Nomes similares eran utilizados moito na antigüidade por ser centros importantes de parada e aguadas ou mercado. neste caso de bois. Así há na toponimia galega moitos como Parada de , Porto de etc. Pois ben cando se creou a Universidade de Vigo, no seu campus, antigamente existían uns nomes históricos e toponímicos , pois ou lugar en Vigo non acababa de nacer, tiña unha historia. Había nomes curiosos, entre outros, como rúa dos arrieiros e porto de bois, que denotan as claras polo lugar en que están situados en Cabral, que eran sitios utilizados para mercadorías, descanso de animais de tiro, parada de carros de transporte da época etc. Despois de chegar osd convois de bois a aquel alto probablemente descansabam e despois xa descian para Vigo. Unha das rúas do novo campus levaba de antigo o nome de Porto de Bois. Cando houbo que decidir dar nome as flamantes novas rúas do Campus ninguén reparou nos antigos nomes, e fixeron o que é habitual nestes casos.Xentes "cultas", modernas, profesorales e preparadas tiñan o seu feixe de nomes de científicos, literatos, políticos, etc., para echer o entorno de nomes que sempre parecen dar uma imaxe de imitación e deixan un poso da súa ciencia no transcorrer cotián, nada que obxectar até de aquí. Mais en algún momento o departamento de filoloxía galega reparou ante o comité de sabios nomeadores de rúas que alí había unha riqueza toponímica ainda ben conservada e que debería respectarse o significado das novas rúas. E que mellor lugar que a Universidade para misturar pasado, presente e futuro e ser homenaxe as vivencias e persoas que noutrara andiveron, viviron e coexistiron por alí. Pois ben entre risas, un dos notables profesores do comité comentou contras as alegacións expostas que non pretenderían que ele mandase a un catedrático estranxeiro un enderezo da súa facultade con o nome de "Porto de Bois". Recibiu como contestación un potente zasca ( como se di agora). Pois xustiño a grande universidade mundial inglesa OXFORD,que ele admiraba seguro, tiña o nome de porto de bois. E ollai, engado eur, que ben calla o raio do nome nesta famosa Universidade. Algunha vez o pensar en Oxfor pensaria o tal profesor na bosta dos bois, nas ruas con lama, estrume nas portas, viño agrio nas tabernas etc. Non detrás de Oxford há outras imaxens.
Sobran palabras.Que vamos a dicir. Nada.
Outro exemplo. En Valencia cidade, recordo que me gustaba moito ir diante da universidade que se estendía toda ela por la avenida dos tarongers, que significa en valenciano, laranxeiros, ou lugar onde era o mercado maiorista da laranxa. Sen duvida, alén da musicalidade e beleza da palabra o pronunciala en valenciano, daban un aire de mistura do moderno campus universitario con a historia a tradición o íntimo da esencia do lugar. Unha sorte conservar aínda ese nome que estaba a dicirnos que alí por onde andabamos e andaban os futuros graduados, houbera outra xente sentindo, vivindo, comerciando, vendo aqueles paisaxes. Eis o misterio da vida e da história. Porque nós non somos os primeiros nin os listos que chegaron a inventar o mundo, ben claro que non. Entón porque non ter un res-peitiño por tanta vida e tanta cultura, e deixar que o patrimonio cultural e histórico nos acompañe, nos fale, e nos interrogue a través das pegadas que nos quedaron dos devanceiros como son as igrexas, os mosteiros, as vellas pontes dos ríos e os nomes dos lugares, das rúas, dos montes, dos carrouchos,das searas etc. Galicia estaba superpoboada no século XVIII e XIX e todo o territorio estaba de unha forma ou outra ocupado e era insubstituíble e rendible para poder vivir. Todo, até o último lugar perdido nun monte ten un nome que ten séculos e séculos e que nos da pistas para facer una fotografía das formas de vida, do que era ou para que servía aquelo. Os nomes tiñan unha importancia vital e un claro significado relacionado con a súa situación topográfica ou relacionado con o servizo ou a produción que daban. Os nomes dos lugares falan dende os celtas en casos, pasando por romanos, suevos, mouros e galegos de toda a historia.Os topónimos son un libro de historia, e son congruentes na sua exposición. Indican todos algo e repitense dende o norte o sur moitisimos nomes e formas de nomear os lugares. Dende o Norte mariñeiro até Coimbra ou Porto vamos encontrar nomes de aldeas, pobos, repetidos continuamente. Respectemos todo iso.
O respeto a iso é cultura. Dúas persoas na praza do Obradoiro poden reaccionar diferente. Unha pode ver moita pedra e todo vello e outra pode ollar, imaxinar, ver a historia do que foi, pensar nas multitudes chegadas até alí e admirar a arquitectura impoñente e marabilloso da catedral e o entorno da praza. Asín é con o topónimos tamén, para uns dicir porto de bois e como dicir bosta, atraso, labregos, mundo pasado, e para outros pode querer dicir déixame misturar as tecnoloxías, a modernidade, coa longura do que foi, do que somos e onde vimos. Ninguén pode chegar a saber o que é se non sabe ou non sinte de onde ven. E amigos o oitenta por cento dos galegos de hoxe vimos duns avós ou bísbaos que botaron a vida turrando dunha xogada de bois ou vacas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: