viernes, 11 de agosto de 2023

Ourense, 1936-1939. Alzamento, Guerra e Represión. Julio Prada Rodríguez.


 Testemunhos  de Seixalvo: 

    "houbo quen era mais comunista que ningén e despois fíxose falanxista. O máis falanxista do pobo foi que tamén traballava na Renfe e o princípio era mais comunista que o Carrillo. Eses foron os que denunciaron  a a queles pobres infelices...Cantos non forn a vida na puta vida e non podían ver ó cura, e logo querían estar a ben con el. E non só ían todos os días, senín que eran os primeiros en subir a tocar as campás cando tomabam ( algunha cidade importante). .....

....As relacions de favor seguían pesando claramente á hora de decidir o voto como nos contaba o propio entrevsitado, o único dos veciños que nos permitiu daquela que o seu nome fose citado explicítamente.....

.... O 18 de xuño o párroco informa que a conduta político-social dos encausados " ha sido, antes del movimiento, completamente desastrosa, siendo todo ellos fervientes adictos al frente popular y propagandistas del cuminismo, aunque, naturalmente, yo no puedo puntualizar quienes estaban afiliados y quienes no". Asemade, permítese clasificar ós seus fregueses , " en cuanto al grado de peligrosidad de cada uno, entendiendo por este término la mayor capacidad  para hacer el mal", en tres grupos. Resulta extraodinariamente  significativo o doble xogo empregado polo sacerdote: este  informe remtido con carácter confidencial e secreto contrasta coa sua declaración  diante do instrutor só tres días despois na que que se limita a asegurar que os detidos permaneceron nas suas casas e entregaron as armas dende finais de xullo, limitándose  a citar de xeito completamente aséptico o nome dos que públicamente se sabía participantes na mobilización. ....

      Esta actitude contrasta coas declaracion de membros da vella garda falanxista, agora desprazados do poder; un dos máis antigos afiliados seería duramente reprendido polo presidente do Tribunal por declarar "que pertenece a Falange desde el año 1934, sabiéndose esto en el pueblo sin que se metiesen con él, y que ignora quien era el Jefe de las Milicias Comunistas...y que ignora quienes eran los dirigentes comunistas en Sejalvo"...

CANEDO   

      O Concello de Canedo coñeceu dende príncipios de século un agrmar de sociedades agrarias. Entre elas destacaban a de Caneo; a de Santa Eulalia de Beiro, fundada por Basilio Álvarez en 1914, a de As caldas-Canedo.....Este proceso acada o seu punto culminante a raíz das eleccións de febreiro, nas que a Fronte Popular resulta claramente vencedora no concello cun 41,94% dos sufraxios, snedo o PSOE o mais votado ,,,,De xeito nada casual son as sección onde as sociedades agrarias semmellan más radicais as que rexistrn os mellores resultados para a esquerda: valí os casos de Cudeiro, A Ponte e Quintela de Candeo. E será precisamente na primeira destas localidades onde meirande intensidade acade a vaga de anticlericalismo qeu estoupa pouco despois dos comicios, que culmirá coa ocupación  da casa reitoral e das súas terras, convertendo a primeira en sede da agraria local. 

AMOEIRO

      O veciño concello de Amoeiro constitúe outro dos observatorios privilexiados para realizar un estudo micorhistórico do fenómeno represivo, non só pola magnitude que acaddou  a represión paralegal senón pola intevención da axitación socio-política que se vive dende os derradeiros anos da Dictadura de Primo de Rivera. ....

......A este respecto cómpre ter en conta cales eran as bases polas que se rexí o reparto de traballo no concello. Certos elementos pretendían facer valer un acordo táctio entre as sociedades e os veciños que facía extensiva a Lei de Termos Muncipais a nivel parroquial, de xeeito que cando  as obras públicas de desenvovlvían dentro dos lindeiros dunha parroquia entraban a traballar os veciños desta e saían os da anterior. Naturalmente esto favorecía a multiplicación de sociedades, que eran as encargadas de xestionar o reparto do traballo, agás entre un certo número de obrerios fixos. todos de fora do concello- que acompañaban os contatistas e viñan representando arredor dunha quinta parte do total; a sindicación funcionaba, na práctica, como obrigatoria polos mecanismo de presión empregados polos líderes destas sociedades contra os obreiros que resistan ó encadramento e contra os patrón que os contrataban. 

      Malia estas fórmulas de xestión do traballo o certo é que este resultaba un ben escaso ó superar amplamente a demanda á oferta dispoñible en cada momento. Por iso o máis frecuente era que cada obreiro traballase nas obras, especialmente no ferrocarril, ´so un numero determnado de días pola semana ou, máis frecuentemente, unha serie de xornadas consecutivs.... para logo dar paso a outro veciño. Esta práctica multiplicaba a capacidad de influéncia destes líderes obreiros e campesiños sobre os seus veciños con relación ó número de empregos reais que podían xestionar como consecuencia dos importantes niveis de rotación; velaí a razón principal da importancia de controlar as sociedades e sindicatos: incrementar as clientelas para asaltar ou, no seu caso, conservar o poder local. 

      O día 23 de agosto de 1934, será unha data capital na vida futura do concello. Daquela producírase un enfrontamenteo entre veciños das parróquias de Amoeiro e Parada que rematou coa intervención da Garda Civil por cuestion relacionadas co traballo nunha estrada cando os primeiros pretendían substituir ós segundos toda vez qu as obras debían continuar dentro dos límites de santa María de Amoeiro. 

〖 En Ourense foi o comandante José Ceano Vivas, xefe do Batallón de Infantería destacado na captial, integrado por algo menos de seiscentos homes, quen levou a iniciativa dos preparativos do golpe

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: