domingo, 1 de febreiro de 2026

Notas de historia. Porqué caiu a Galiza?

Rapinhado nas redes. 

 PORQUE CAIU A GALIZA | Valín Libros

Antes de continuar coa cronoloxía dos Reis de Galicia, gustaríame escribir algo sobre as estupendas reflexions e enseñanzas que no libro Porqué caiu a Galiza? de Jose Manuel Barbosa,da editorial Através, se fan sobre a problemática da herdanza do trono a morte do rei Afonso VIII O Galego, e o importante papel que xa naquelos tempos, xogaban a nobreza, o clero e, como non, os Papas, que tanto dano e coas peores intencions, dende sempre nos fixeron, e nas que, con unha man che bendecian, e coa outra, che clavaban o puñal.
Como era de esperar, a disputa polo trono entre “Fernando III de Galicia” (e xa naqueles intres I de Castela, lembrémolo) e Sancha e Dulce (fillas de Afonso VIII) dexenerou en enfrontamento aberto e guerras entre eles. A “política internacional” de Roma pra con Galicia, era a de presionar os bispos pra que apoiaran os intereses da coroa de Castela, que eran os de Roma, malia a lexitimidade feita por Afonso VIII no seu testamento. Na “Chronica Latina Regum Castellae” (“escrita” por Juan de Soria) dinos que ao entrar Fernando I de Castela na cidade de León, e aclamado pola poboación como rei, e que Sancha e Dulce non foran recibidas como raiñas, como deixara seu pai notificado no testamento (bastantes historiadores ven neste documento unha clara tendencia castelanista, e non lle dan moito valor pola falta de imparcialidade documental). Nesta “pelexa de tronos”, salta outra vez o nome de unha persoa e de unha familia, tamén ligada a nosa historia: Rui Gomes de TRASTÁMARA, fiel e leal defensor do difunto rei Afonso VIII e que, por respetar os desexos de él, negoulle a fidelidade a “Fernando I de Castela” durante moito tempo. No chamado “Pacto das Nais” feito en Coiança (Coyanza, Valencia de San Juan, León?) entre as raiñas irmans mentras Fernando permanecia en León, púsose fin as disputas e acordouse que Fernando seria tamén rei galego-leonés. Acordados os puntos, reuníronse en decembro Sancha, Dulce e Fernando I de Castela, en Benavente, onde se asinou o acordo de coroar a Fernando como rei de Galicia e recibiren elas unha indemnización e unha importante renda anual, ingresando nun convento. Estes cartos recibidos, voltarian a coroa no caso de que casaran ou faleceran. Do que se trataba na realidade, era de que as irmáns renunciaran a calquer reivindicación ou reclamación da coroa. Pra que isto non acontecera, naquel entón, mandáronse destruir importantes documentos ligados de unha forma o outra co Tratado de Benavente ou con outros calesquera que poideran poñer en perigo a Coroa de Fernando en Galiza (en Castela xa a tiña). Houbo que “reescribir” a historia, e como non, engrandecéuse o protagonismo de Castela e Galicia quedou relegada a unha terra sin importancia, malia a seguir sendo recoñecida en todo tipo de documentación árabe e europea, como reino e centro de peregrinación e de intercambio relixioso, mercantil e cultural, sendo como foi, dende sempre e pra sempre, o MOTOR ECONÓMICO E SOCIAL daquela época de toda a zoa do NW peninsular, onde a sua área de influencia chegaba mais aló dos Pirineos. Tanto é asi, que toda a documentación peninsular que chegou ata nós despois de Afonso VII, é castelán e de tendencia claramente castelanista. Ainda que houbo alguns documentos que se salvaron da destrución, como o “Chronicon Mundi” de Lucas de Tui (escrito en 1.238), a “Chronica Latina Regum Castellae” de Juan de Soria, ou “De miracules Sancti Isidori”, que nos relatan as rebelions acontecidas na cidade de León e en Galicia, onde se asaltaron o palacio do rei, a eigresa de San Isidoro e as Torres de Carnota, que demostran O POUCO APOIO POPULAR que este rei tivo no reino Galaico-Leonés, e que nunca foi aceptado. Quizais por isto, “Fernando III de Galicia” e I de Castela, nunca quiso coroarse nin en León nin en Santiago.
Un apunte fundamental e moi importante e a ter en conta historiográficamente, é o que nos fai o noso querido Don Jose Manuel Barbosa neste libro (así como outros importantes historiadores, noutros) : tanto Lucas de Tui, como Juan de Soria, como Ximenes de Rada escriben as suas obras e relatos da historia baixo o mando de Berenguela de Castela, nai de Fernando. A manipulación documental da historia, queda sobradamente demostrada, cando estes escritores identifican a Afonso VI e Afonso VII como reis de Castela, cando estes monarcas galegos nunca usaron en vida estos títulos. No caso de Ximenes de Rada (que pasou a historia como un gran manipulador de documentos a favor da causa castelán) e no seu “De Rebus Hispaniae” bótalle a culpa da división da Coroa a familia dos Trava, sabendo ben que dita división favorecia mais a Castela.
O realmente triste de toda esta falsedade documental, e que os “historiadores” inmediatamente posteriores a Lucas de Tui, Juan de Soria e Ximenes de Rada, baseáronse nos relatos históricos manipulados deles pra seguir escribindo a historia : Afonso IX, O Sabio, cando escribeu a General Estoria (1.270), a Estoria de Espanna (1.270-1.274), outra Estoria de Espanna (1.280-1.284), a Cronica de los Veinte Reyes (1.282-1.284), e a póstuma de Crónica de Castilla (1.300)... Merecen ser nomeados tamén De Praeconiis Civitates Numantine e De Praeconiis Hispanie, cuia obra desapareceu e quedou dispersa ata o século XIX, e ainda hoxe non están publicados moitos dos seus escritos, e no que si entendin ben a lectura do libro, pertencen a Joao Gil, que fora asesor e secretario do rei Afonso IX o Sabio (e que tamén estivo involucrado na recolleita de textos pra a creación das famosísimas Cantigas de Santa Maria).
Si ben a poboación galega rechazaba o reinado de Fernando I de Castela en Galicia, co apoio que sí contou este rei (que lembremos, xa era rei de Castela cando acedeu o trono galaico) foi co de, como non, o Papa Gregorio IX, que queria por enrriba de todo a unión das coroas e a supremacía de Castela sobre Galicia, pra quitarlle todo o poder e influenza a nosa terra e a Compostela, que tanto desagradaba e odiaba Roma ao sairlle un forte competidor como era o centro de peregrinación a Santiago. Dito de unha maneira moi sinsela, pra que todo o mundo o entenda : dende Roma e dende facia moitos anos, foron os Papas os que dirixiron e planearon a destrución e desaparición do Reino Galaico-Leonés. Mais claro, auga nun vaso.
Seguiremos outro dia...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentarios: