martes, 4 de abril de 2017

De vez em quando um livro. A BATALLA DE CAVITE e a perda das Filipinas e de paso uma repaso a historia dos galegos. (2)






          

Seguindo o relatorio do libro, aquí alguns trechos das reflexions sobre historia que faz o autor.


OS GALEGOS E A HISTORIA.



"Nunha visita a Yuste permitiunos sentir e respira-la época histórica da gran forza de España e da gran época imperial..... En definitiva todo o ambiente , a paisaxe, ....facíannos sentir preto da historia, daquela historia que  aprendemos nos libros de textos. Parece que arredor nosa a historia ficaba viva.

      ESTA FOI UNHA SENSACIÓN QUE NUNCA LOGREI TER NA MIÑA TERRA. Ë evidente que en Galicia hai moita historia, pero non se sente arredor nosa do mesmo xeito. Da a impresión de ser unha historia moito mais afastada, moito mais perdida na néboa dos tempos, moito mais mesturada coa relixión e menos concreta en feitos, centrada nun románico grandioso e nos seus monumentos, pero moito mais afastada en cuanto9o a feitos se refire.  Parece como se os galegos ESQUECERAMOS  O NOSO PASADO  POR MOR DE TER QUE SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DO PRESENTE.

      A veces  TEÑO A SENSACIÓN DE QUE NO NOSA TERRA NUNCA PASOU NADA, o que non é certo. Da a impresión de que os monumentos están aí porque están  e nada mais. Mas resulta me  difícil  identificalos con persoeiros  ou feitos do pasado. Parece que para o galego e difícil  identificar onde está a súa historia e saber o que fixeron con exactitude os nosos devanceiros  á parte de emigrar.

     Isto non so é así senón que non o pode ser: ningún pobo permanece inerte ante a historia e menos un país que como Galicia ten a reserva de homes e alimentos : SE OS HOMES NON FAN A HISTORIA NON SEU PAIS OU BEN A FAN FORA OU A FAN OUTROS , E SE NON É CON SEUS PROPIOS LÍDERES É CON LÍDERES ALLEOS.

       Está claro que Galicia é  un dos reinos  mais antigos da  Península e sabemos, ou mellor intuímos que o papel de Galicia na Reconquista tivo que ser importante. POR POBOACIÓN E TERRITORIO. Mas parece que nesa época nada fixemos, xa que todo o fixeron os asturianos un pouquiño os leoneses e por arte de birlebirloque, alá xa Castela.

      E evidente que as cousas non puideron ser así, pero a escaseza de estudos históricos arredor de Galicia é tan grande, como forte está sendo o  movemento de recuperación , ..... da nosa memoria histórica até fai pouco totalmente amnésica.

      A recuperación da nosa memoria  histórica é importantísima, independentemente onde o lado que estiveron os galegos. Así  pasa con os sucesos da guerra civil.

       Iso non significa  inventar una nova épica galega para xustificar una determinada opción política....na da de historias forzadas e inventadas para demostrar que sómos-los-mellores, ou parte dunha raza extraordinaria con mais ou menos RH. A historia contada  en forma de bos  e malos , non conducen a mais que a un falseamento dos feitos históricos e a promover a incomprensión entre as xentes.

       O MAIS CORRECTO DOS ESTUDIOS HISTÓRICOS  É TRATAR DE FACER UN ESFORZO POR NOS COÑECER MELLOR  E PARA AVALIAR MELLOR O NOSO PRESENTE E PLANIFICA-LO NOSO PORVIR.  A primeira lección é que Galicia tivo una enorme prostración económica no pasado  que determinou una mais abraiante prostración cultural do pasado fixo aínda máis grave a prostración  económica porque onde non se pensa non se progresa.

      É necesario ir reconstruíndo a historia dos galegos que, como calquer outra historia de calquera outro pobo, pode ter os seus claroscuros. Estes claroscuros tanto poden vir  polos actos nos que participamos como nos que deixamos de participar por parte de reacción do pobo ou das clases dirixente. Hai que asimilar a nosa historia  e as leccións do pasado para podermos ir tirando tamén moitas conclusións para o noso futuro.

   Dicía Cunqueiro que o galego e un home ahistórico, no senso de que moitas cousas aínda que existe, para el non existiron e ademais o que está mais lonxe parece que é o que está mais preto e ó revés.

    Nas historias oficias de España, xa dende ha moito tempo, fálase pouco de Galicia, pero no tempo da invasión, Galicia tiña una extensión moi superior á de Asturias ou á do que  logo sería o Reino de León inicialmente. ....Aínda que eramos os fortes en bens e recursos a nosa historia fica enmascarada  ou distorsionada  o quedar incluída no Reino Asturiano ou do Reino de León, parece  desde xeito como se a nosa terra non participase, naquela empresa común dos reinos cristiáns da Península.

    Aínda así  na historiografía musulmán galego e Cristián eran termos moi intercambiables nas épocas iniciais da Reconquista.

      Unha boa parte da repoboación nos novos territorios conquistados foi levada por galegos....Os moitos topónimos   que levan o nome de "galegos" en Castela e León, queren  dicir algo.

      Cando o Reino de león pasou a incorporarse  á Coroa de Castela todos os feitos históricos quedaron reflectidos como "feitos de Castela".

       Eu creo que una boa parte da razón do illamento de Galicia tívoa a súa propia estabilidade xa dende as primeiras épocas: lonxe das fronteiras e das rutas do comercio. Galicia quedou  na retagarda da   Reconquista, e subministrou homes e recursos para esta empresa, pero os señoríos foron cedidos en gran medida pola  Coroa á Igrexa para se asegurar desde xeito a tranquilidade na retagarda,  que non sempre daban os levantiscos señores medievais. Aquí no me xuízo comeza a verdadeira  marxinación galega sen que se poida dicir que fose intencionada. Os mosteiros  que na temperá Idade Media foran focos de progreso e cultura, xa a partir do século XII ou XIII, en pleno desenvolvemento da economía mercantilista, comezan a ser fontes de atraso e un freo ó comercio e ó desenvolvemento económico xa que non participan desta filosofía.

        OUTRAS CAUSAS do no illamento foron no seu momento as preferencias dadas ós portos vascos e cántabros no comercio con Flandres  e con posterioridade a nosa exclusión, só brevemente interrompido, do comercio e do tráfico marítimo co Novo Mundo. OS SEÑORÍOS ECLESIÁSTICOS ata  o século XIZ, tivo  tamén que constituír un verdadeiro lastre ó non favorece-lo moderno espírito mercantil ou industrial. É moi posible que a conxunción dun fato de circunstancias históricas contras as que as clases dirixentes galegas non quixeron ou non souberon reaccionar, quizais por non ser conscientes diso, foron as causas máis profundas do atraso económico galego.

      Pero o atraso económico dun país pode vir, non só polo illamento  económico, senón pola destrución causada polas guerras  e polos mercados que se perden por mor das mesmas. Pouco se fala das guerras con Portugal cando este país se independizou da coroa de Castela que trouxeron  una destrución considerable nas zonas fronteirizas , no Val Miñor e na costa de Baiona. Houbo que reconstruír moitos pontes, e camiños´ños e o comercio marítimo e terrestre con aquel país, esencial como hoxe para o desenvolvemento de Galicia, viuse interrompido. Podemos preguntar: ¿ Onde fica o recordo histórico de todo isto ?.

      Tampouco se fala moito nos textos tradicionais da Historia de España da contribución  galega nas GUERRAS NAPOLEÓNICAS, nin da súa repercusión9ón económica. ...Pero a cousa é aínda mais dramática cuando se fala da  Guerra Civil. Ós galegos tóuconos a mala sorte  de ficar no bando equivocado e por iso hai una tendencia a esquecer os enormes sacrificios que sufriu Galicia en homes neste conflito  fratricida.

      Non debemos esquecer os feitos de armas onde participaron os galegos por moi equivocado que nos pareza o bando onde loitaran. Non  ten sentido facelo porque o emprende-lo o seu estudio descubriremos .as causas da nosa participación e moitos outros aspectos do noso pasado, fuxindo das interpretación victimista da historia.

      Pero é que no referente a Guerra Civil nin sequera se fala da contribución galega ó bando republicano, especialmente na mariña de guerra e parece que ignoramos que dous dos xenerais do bando republicano como    Masquelet o Lister foron galegos, así como o xefe do goberno Casares Quiroga.   ¿ Porque non falamos do que fixeron os galegos na Guerra Civil ? A historia aínda que non nos gusten algún dos seus episodios, hai que estudala enteira, descubrila e recordala porque  é necesario coñece-la verdade.

      Sempre se sacan ensinanzas positivas da análise histórica aínda que  só sirvan  para redescubri-lo espírito de sacrificio dos  galegos e o discreto brío con que chegan a afronta-los momentos máis difíciles contrarios ó tópico cárgante da escaleira, como se os galegos non fósemos decididos cando é necesario selo.

      O que logo resulta desconcertante é descubrir que houbo moitos homes e mulleres galegos que xogaron un papel destacado na vida social e política do país.   Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Millán Astray, Franci, Mendez Nuñez, Montero Ríos, Canalejas, Dato, Salvador de Madariaga.

      En fin eu son dos que creo que os galegos teñen ENTRE AS SÚAS VIRTUDES A DA HONRA E A SOBRIEDADE, PERO ESTA SOBRIEDADE, XUNTO CON ATRASO CULTURAL, CHEGOU A EXTREMOS QUE FAN QUE NOS ESQUECERAMOS DA NOSA  PROPIA HISTORIA. QUE TEMOS A NECESIDADE DE REDESCUBIR. Cousas que fixeron os galegos lles foron atribuídas a outros. Evidentemente, non se trata de eleva-lo noso "espírito nacional" pero si contribuír ´A NOSA AUTO-ESTIMA e una certa memoria histórica perdida.

       EN CAVITE , no combate naval, no 1º de maio de 1898   participaron moitos galegos. Tanto en Santiago de Cuba a participación galega foi maioritaria. Santiago de Cuba está moi estudada por iso escollo CAVITE, porque alén de estar pouco estudada  fai-se con inxustiza e nela a honra profesional dos galegos    quedou ben clara.   E porque a historia non lle fai xustiza  o galego  Almirante e xefe da flota PATRICIO MONTOJO E PASARON. E porque  a aprendizaxe de como unha  "chapuza política" pode traer, que ó final se paga e ben cara  polos que non teñen nada que ver con este feito. Só se trata de coñecer a nosa historia un pouco mais".






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: