jueves, 14 de mayo de 2020

 Ferrol nos fecit
 nº 276 | maio 20 |TEMPOS NOVOS
 Texto Xavier Alcalá
Como falo así de Ferrol? Acaso a Malata, a Cabana, a Graña e San Felipe pola beira do norte, e Maniños, Perlío e Mugardos pola do sur eran parte da Vila Podre? Érano, porque “tiñan lan-cha”. Nos tempos de Gonzalo Torrente (o máis vello, por meses), Ricardo Carballo (despoisCarvalho) e —non o esquezamos— Ernesto PérezGüerra (despois Guerra da Cal) ocorría o mesmo quenos meus.Eu era “desta banda” e o Xoán Rubia, compañei-ro de aula no instituto Concepción Arenal, da outra. No “insti” os rapaces da outra banda marchaban un cuarto de hora antes na última clase da mañá, e entraban un cuarto de hora máis tarde na primeira da tarde porque ían coller a lancha para xantaren na casa: cousas especiais da Ciudad Departamental, un mi-cro-San Petersburgo feito do nada entre dúas aldeas, a de Esteiro e a do Ferrol Vello.Homes da Ilustración construíron un centro de poder naval inexpugnable, estaleiro de navíos de alto porte, arsenal da Armada e, para acomodar mariños, enxeñeiros e burgueses de compañía (de profesións liberais e comerciantes), trazaron sobre os planos unha urbe de cuadrículas, rúas de Leste-Nordeste a Oeste-Suroeste polo chan; e a 90 graos con elas, as que soben aos altos de Canido. No medio, prazas ca-dradas: a de Armas e a que se dedicaría ao marqués negreiro mais protector de recrutas das Mariña, o de Amboaxe.Os que lean Scórpio, tomen nota da toponimia infanto-xuvenil do personaxe (e do autor), vaian ao mapa e verán que naceu e viviu na fronteira da racionalidade contundente do barrio da Madalena, a tableta de chocolate, coa irracionalidade da antiga vila mariñeira de Curuxeiras (porto) e o Socorro (igrexa de mareantes e pescadores).A Rúa de San Francisco —onde resiste aínda a fábrica de granito da casa natal de don Ricardo— marcaba na miña nenez o descenso das alturas aristo-cráticas da Capitanía Xeneral á pobreza dun barrio de calellas retortas onde secaban follas de maruca xunto con roupas remendadas. Por San Francisco sucedíanse bares nos que servían as cuncas de viño con piñas de percebes de agasallo, e mesturábanse mariñeiros de lepanto e tafetán da “Gloriosa Armada Española” con mariños mercantes de camisa a cadros e pucha. Era rúa de pelexas entre bébedos e —estan-do preto dun cuartel da mariñeiría— nela mesmo había un negocio inmencionable para nenos e damas.Naceu e viviu Ricardo Carballo Calero nunha zona “escura” da cidade? Non. Tiña casas de pedra con galerías “de costureiro” (onde se cosía ao sol) e, no alto, a igrexa impoñente da Orde Terceira de San Francisco. Desde o seu adro, óllase a enormidade do arsenal militar, os navíos de guerra, a ría sucada polas lanchas, a beleza suave da península de Bezoucos e as moles que case pechan a ría, montes daquela aínda marcados de leiras e restos das carballeiras coas que se construíran centos de navíos.Moi preto desa igrexa castrense, reservada a cultos especiais da Armada, están a Capitanía Xeneral e o seus xardíns —os de Herrera— con magnoliosexóticos e a estatua de Jorge Juan, o xenio que conse-guiu, a forza de moi bos soldos, roubarlle ao imperiobritánico os expertos en construción naval que faríande Ferrol (e, en paralelo da Habana) centro de coñe-cemento avanzado, ao nivel máximo da súa épocadezaoitesca.

A familia acomodada de Scórpio / Carvalho tiña consideración tal entre a caste suprema dos mari-ños de guerra, que as nenas podían xogar coas fillas do capitán xeneral nos xardíns da Capitanía; e as “damas de Marina” veraneantes na Cabana de Santo Antonio convidaban a mai putativa do Scórpio ás súas casas (mais ela, por pudor de ascendida de clase, rexeitaba os convites).Torrente dicía que Franco fixo a guerra para se poder vestir de almirante (como Xeneralísimo), esaxe-ración ben simpática do inventor de Castroforte de Baralla. Ricardo Carballo Calero deixou o bacharela-to para preparar o ingreso na Escola Naval Militar, se cadra imaxinándose con uniforme da garda mariña a namorar raparigas pola Rúa Real. Iso marca liñas de vida. Xa sería na miña xeración cando ser enxeñeiro (non “perito”) ou economista se vise con máis voos ca ser do corpo xeral da Armada, e mesmo cando a xente lese a matrícula FN (de Fuerzas Navales) como “Fame Negra” e “Famentos Nós”. Ora, na mocida-de de Gonzalo, Ricardo e Ernesto ninguén tería tal atrevemento...A maioría das familias de Ferrol tiñan algunha relación coas Filipinas, Puerto Rico e Cuba; ha-bía indianos e moito militar que nesas illas estivera destinado. O 98 fora un desastre moral e mortal para a cidade. Ferrol vestira de loito logo da batalla de Santiago de Cuba, mais desde 1908 os estaleiros reviviran coa Sociedad Española de Construcción Naval, a Construtora para o pobo. Volvera o orgullo de ser facedor de barcos; o maior espectáculo da vila era ver “caer á agua” cascos xigantescos de aceiro. Tras das botaduras, a xente cantaba, soaban habaneras e toadas de gaditanos e cartaxeneiros destinados en Ferrol. Obreiros cantores ríanse dos políticos:“Ai, señor Ministro da Mariña,esa escuadra facémola nós.Como se fai un deputado,un acoirazado faise un pouco mellor.”Non había instituto de bacharelato pero si colexios e academias, máis a Escuela Obrera de Construcción Naval, a de Ingeniería Naval y Máquinas e a de Artes y Oficios. Fronte ao Teatro Jofre, que acolleu as arelas poéti-co-musicais do estudoso, funcionaba o “cinematógra-fo” New England. O hotel máis moderno, na Praza de Armas, chamábase Ideal Room. O idioma inglés era máis importante có francés, que se daba por sabido. Como nos tempos de Jorge Juan, por Ferrol circula-ban moitos británicos dos estaleiros. Mais, se no sécu-lo XVIII eran en boa parte disidentes da relixión da Súa Británica Maxestade, no XX traían outra ligazón ideolóxica: a masonería.Nos anos da crecente consciencia de quen aca-baría sendo Carvalho, en Ferrol oíanse moitas falas: andaluza, murciana, cubana, galega, inglesa... e máis as que saltaban dos barcos amarrados no porto. Non é difícil imaxinar o rapaz tan lido a matinar baixo os plátanos no cantón de Molíns acerca dos idiomas; ou ordenando as peculiaridades do galego das criadas de fóra de portas e dos operarios habitantes no barrio de Esteiro.Canto tardou aquel estudante de Dereito en Compostela en comprender que o castelán era o idioma que cumpría aprender e o galego a fala que non importaba esquecer?Cumpría ser moi valente para mostrarse gale-guista en Ferrol, nunha sociedade organizada en castes que mesmo se distinguían polo uniforme, que gardaba memoria de cando o Capitán Xene-ral era “el Jefe Político y Militar de la Ciudad” e o Intendente da Mariña, o recadador de impostos. Que podía significar Galicia para aqueles señores enviados desde Madrid a defender o Imperio? Que significaba para eles o idioma patrimonial do país?Un dos poucos apelidos fidalgos sen deturpar en Galicia é Pita da Veiga, directamente ligado á Mariña; mais non ao idioma. Un almirante con ese apelido xamais falaría galego nin permitiría que o fixese un oficial da Armada. Mesmo así, vería con naturalida-de que o falasen en privado os suboficiais e nel desen ordes aos fandiños, recrutas monolingües, analfabetos. Dese sistema diglósico interno da Armada puidemos dar fe don Ricardo e eu (ollo: fandiño, en boca mesmo de oficiais gaditanos, soa a galego aínda sen rexistrar). Ferrol de procesións da Semana Santa, con armas e galas de uniformes navais, e mofa aos cantantes de saetas (“¡Dádelle unha de callos, a ver se cala!”); cidade onde pobo e elites adoran, xuntos, unha deusa local cristianizada na Virxe do Chamorro; poboación estratificada: mariños, “militares de Terra” agra-decidos ás deferencias dos mariños, “industriais”, médicos, enxeñeiros, algún arquitecto, avogados, profesores, señores do Casino sen bola negra cando solicitaron praza de socios...De 1910 a 1926, esa cidade vería (sen se ver fóra dela) como se multiplicaban e medraban os sindica-tos e as loxas masónicas (unha delas, ferrolanísima, a Breogán nº 16). Tamén viu (e deixou ver de lonxe) a dignificación do folclore galego e a súa ligazón á defensa do idioma (o coro Toxos e Froles acolleu as Irmandades da Fala). O futuro profesor Carvalho calcaba as solas dos zapatos nas lousas enormes das rúas ferrolás e observaba. A partir do 26, na cabeza levaba para circular sobre as lousas de Santiago ideas que alí amplificaría ou rexeitaría; e volvía para Ferrol de vacacións, nun proceso de realimentación que estalaría no verán do 36 en Madrid.Ricardo Carballo Calero non foi mariño de guerra porque un ministro decidiu esixir o bachare-lato aos aspirantes a oficiais. A volta ás aulas “civís”, mesmo co propósito inicial, fixo ao rapaz esquecer a teima elitista ferrolá. Mais se chegase a estar en Ferrol lucindo uniforme azul e galóns con coca no intre aciago do Alzamiento, que partido tomaría? Home rigoroso e formalista, como demostrou con respecto ás leis da lingüística, sería dos poucos que morreron dignamente fusilados por non traizoaren a República á que lle xurara lealdade.Ferrol nos fecit, mesmo divididos en bandos. Car-valho escolleu o perdedor: galeguista, republicano. O universalismo típico dos ilustrados ferroláns faríalle ser lusista, estreitar amizade con Guerra da Cal, e xa sabemos que resultado lle deu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: