Uma pingada mais de historia de Galicia que de vez em quando deixamos por aquí. Neste caso unha pequena explicação tão bem divulgada e clarividente, como sempre, de Anselmo López Carreira.
A paritires aproximadamente do finais do XIII XIV e XV, Cando falamos de Galicia estamos a referirnos mais ou menos a Galicia atual, deixando no ar o territorio do Bierzo e partes de Asturias.
O termo Reconquista corresponde a un termo da historiografia do século XIX.
“A Reconquista é un termo ideolóxico e, dende a perspectiva galega, absurdo”
Que era Galicia durante o reino visigodo?
Galicia vai ser incluída na monarquía por LeoVixildo, pero sempre vai manter unha entidade propia marcada e moi recoñecida. Non é estrano que nas magnas asambleas do Reino Visigodo, que eran os concilios que é onde se establece todo o corpus xurídico e legal, que se especifique que tales decisións van ser de aplicación en Hispania, Galia e Gallaecia. Vai ser unha provincia do reino Visigodo que mantén a súa identidade.
E que pasou coa chegada dos musulmáns?
Algunha expedición puido chegar de maneira moi efémera ao que algunha crónica musulmá chama “os límites de Galicia”. En todo caso, foi un chegar e marchar, aquí non houbo establecemento. A situación na que queda Galicia cando se derruba o reino Visigodo descoñecémola porque non hai documentación da que botar man. As poucas testemuñas que aparecen por aí da a sensación que en vez dun reino cun rei, hai unha fragmentación política de diversos señoríos que pouco a pouco vanse unificando arredor dun deles que acabará sendo o que resida en Oviedo. Polo tanto non houbo “Reconquista” en Galicia. A Reconquista é un termo totalmente ideolóxico, o que eu chamo un ideoxema, porque reconquístase o que antes foi dun, pero claro pensar que os Reis Católicos chegan a reconquistar o que 800 anos antes fóra seu, é absurdo. É unha típica visión ideolóxica, usar a historia como un artefacto ideolóxico. Ademais, dende unha perspectiva galega é absurdo. Aquí nin se recuperou, posto que nunca foi ocupado, nin se repoboou, porque sempre estivo poboado.
Por que se segue ensinando esa historiografía española chea de tópicos nas escolas e institutos?
Porque foi adoptada como oficial nos programas escolares que decidían os ministerios, polo que son claramente políticos. Recollen unha narrativa que é parte integrante á construción do Estado liberal dende o século XIX. Trátase de dotar a unha entidade política que é o Estado de elementos de cohesión moi fortes de nación. Polo tanto, van querer dotalos duns elementos moi fortes que crean a cohesión que procede da propia historia. A historia non entra na discusión democrática. O modelo de España é intocable, non é un elemento que estea a mercé da política, senón que procede da historia e da providencia.
A ideoloxía determina o traballo dun historiador?
O historiador ten tanta ideoloxía como calquera outra persoa e transmítese o traballo. Unha cousa é o desexo de que a ideoloxía non contamine o teu traballo de investigación e outra que non o condicione. Por exemplo, a ideoloxía determina o campo do teu interese no momento de iniciar a investigación. Unha vez escolles un campo na túa investigación, estás en función das fontes e hai que ser honesto coas fontes. A aplicación do traballo é algo propio da persoa como cidadán.
Abondando mais no tema que hoje nos tocou lembrar, não vem de mais ampliar o saber com este video da presentação do livro de historia de Galicia do autor. Livro moi recomendado e clarificador.
Presentación do libro "HISTORIA DE GALICIA" de Anselmo López Carreira.
https://youtu.be/Oy51mpJS058
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: