martes, 7 de abril de 2026

Faladoiro (lugar no que se murmura) Hackear a Coroa .. Manuel Gago em Galiciae.

 Imagen

 

Fonte: https://www.galiciae.com/blog/manuel-gago/hackear-a-coroa/20260113184026105712.html 

 

253. No filme La tierra prometida (Nicolaj Arcel, 2023, Filmin) Ludvig Kahlen, un capitán retirado do exército dinamarqués (Mads Nikkelsen), accede ao chamado do rei para colonizar agrariamente o infértil páramo de Xutlandia. Estamos no século XVIII e os ilustrados danlle moitas voltas á terra e en como multiplicar o seu rendemento. Kahlen garda unha carta segreda que non quere desvelar e confía en que o rei lle conceda en contrapartida un título nobiliario. O filme representa moi ben esa esperanza case indestructible que tiña a xente do pasado na figura do rei, e que hoxe nos resulta tan difícil de comprender. Como vai ser o rei un valedor da xente do común fronte os poderosos, pensaremos, se el mesmo é a fonte da que dimana —cos seus nomeamentos de duques, condes e marqueses— toda a estrutura que oprime aos humildes? Iso é o que pensamos hoxe, se cadra porque aínda contamos coa división de poderes de Montesquieu. Nas súas esforzadas xornadas de Xutlandia, a pesar de todas as zoupadas que lle infrinxe o cacique local, el segue a crer no amparo do rei. É unha crenza abstracta, case como unha fe. É o rei pero é algo máis que o rei. A fonte que xustifica revoltas territoriais, o nome que se invoca nos patíbulos, a excusa mentireira dos procesos de independencia, a última esperanza.

254. En Galicia este fenómeno foi polo libro. O rei invocouse nas Guerras Irmandiñas, e non se tirou nin unha soa fortaleza sen o seu permiso, e foi esa salvagarda a que evitou que a nobreza acometera unha salvaxe campaña de represión cando volveu. Cando a influencia castelá se fixo escandalosa a principios do século XVI e os funcionarios foráneos fixéronse con todos os postos de poder do reino, os reis desenvolveron en paralelo a Real Audiencia do Reino de Galicia, o instrumento de xustiza que primeiro estivo localizado en Santiago e despois na Coruña. A institución exerceu de contrapeso independente fronte aos abusos da aristocracia galega. Os labregos valorárona moitísimo e chamabanlle a "fonte de auga limpa". Como sería a cousa para que uns paisanos falaran ben dunha institución e mesmo xente con poucos recursos se atrevera a pleitear contra un mosteiro ou un conde na confianza de que había posibilidade de vitoria. Ás veces nos pleitos as testemuñas aludían os reis do pasado, pero non se acordaban do seu nome cando lles preguntaban: eran como entes abstractos. A partir do século XVI, os reis pouco máis fixeron polo reino occidental, e iso tamén se aprecia na pedra. O derradeiro rei representado con certa frecuencia na arte galega —tampouco moito, non se entusiasme ninguén— foi Filipe II. Os concellos galegos encargaban os prescritivos retratos do Austria ou do Borbón do momento para os salóns, pero ninguén tivo moito interese en conservalos. Cando entendemos a escasa aversión actual dos galegos polo rei —inseparable da nosa evidente indiferencia, da que somos conscientes cando observamos como se adora á monarquía noutras latitudes ibéricas—, conectámonos cunha historia de moitos séculos nos que os reis non adoitaron ser vistos coma inimigos. Eu penso que os galegos comezaron a esquecerse do nome dos reis cando estes deixaron de se chamar Afonso. Un día cóntolles por que. 

255. Os reis sempre o souberon ou intuíron. O vicepresidente da Xunta Carlos Mella criticou en público en 1983, de acordo con Xerardo Fernández Albor, que Xoán Carlos I delegara a ofrenda do Apóstolo no delegado do Goberno, Domingo García Sabell, no canto do presidente da Xunta. A polémica provocou que o rei acurtara unha viaxe a Venezuela para vir el en persoa a presentarlle os respectos ao Apóstolo. Esa disputa interna de patacón nunha autonomía que fora votada en precario e bombardeada por uns e por outros, chegara a preocupar ao monarca. Sempre me preguntei por que. É certo que a confusión da Transición, con todas as cartas abertas, beneficiou á nosa feble autonomía galega. Lembremos que algúns prestidixitadores conseguiran a xenialidade de enganar ás persoas axeitadas, facéndolles crer que a autonomía de Galicia estaba máis respaldada do que estaba. A rápida reacción do rei, acudindo presto a apagar o incendio, debeu responder ao medo a que se abrira unha fronte nova nun sitio perigoso. Estivo astuto, vaia.

256. Pensaba nisto ao ler Reconciliación (Planeta, 2025), o innecesario libro de Xoán Carlos I. Xa saben que eu teño afección ás, polo xeral mediocres, biografías dos políticos, porque en todas se escapan tres ou catro detalles valiosos. Lembro un verán no que lin á par sobre a toalla as memorias dos chantadinos Víctor M. Vázquez Portomeñe, antigo conselleiro de Cultura e outros, e as do xornalista Afonso Eiré. Tíñaas as dúas sobre a toalla e alternaba capítulos. Poucas veces teño gozado tanto de confrontar por escrito dúas visións do país que, postas en paralelo, permiten entender éxitos e fracasos. En Reconciliación, o rei colócanos aos galegos no noso sitio. Así narra o retorno dos Emiratos Árabes en 2022: "partín cheo de esperanza cara a Vigo. De alí partira e alí volvía. Era coma se o meu verdadeiro fogar fose un pequeno porto de Galicia e non un pazo de Madrid, como se a miña relación con España tivera máis que ver coas súas periferias e a autenticidade das súas paisaxes e as súas xentes que coa súa capital e as súas enredadas políticas". Estou convencido de que nesta visión indixenista Xoán Carlos de Borbón puxo todo o amor do seu corazón. A ver quen lle corta o rollo explicando que aquí tamén hai unha capital, enredos políticos e os que os propios galegos tamén establecen escalas de paisaxes auténticas e menos auténticas dentro do noso país. E iso que podía ter entrado no affaire Mella e darnos o seu punto de vista.

257. Na aldea de Sarandós (Abegondo) consérvase unha casa na que a tradición sinala que durmiu Filipe II no seu camiño cara á Coruña, onde ía embarcar para casar en Inglaterra con María Tudor en 1554. A casa conta cun valioso escudo real no que unha inscrición lembra o real descanso. Pero o máis notable do escudo é que está hackeado. Un caliz destaca a maior tamaño que os leóns e torres do escudo de Castela e León. Eis o escudo da coroa de Galicia, Castela e León, e expertos como Eduardo Pardo de Guevara consideran que é o primeiro no que os galegos introducen o seu propio símbolo na coroa real. Foi labrado posiblemente a principios do século XVII, nun momento no que Galicia estaba reinventándose: a Xunta do Reino encargaba crónicas da súa historia, a aristocracia financiaba mapas do reino impresos en Amberes, os eruditos indagaban en arquivos e na súa imaxinación para elaborar un pasado, A Coruña e Santiago loitaban por seren cabezas (capitais) do reino. Como digo, a partir de aí, en lugares moi significados, os galegos fixeron a súa propia versión do escudo real. Ese cáliz raramente se incluiu fóra de Galicia ou nas obras promovidas pola propia Coroa. Estou pensando, por exemplo, no escudo do Pazo Real de Madrid, onde aparecen as flores de Lis da casa borbónica no mesmo lugar no que os galegos colocamos o noso Grial, ou no propio escudo oficial do reino de España que levamos no pasaporte. Só hai un caso distinto: o cáliz galego coas cruces no centro do escudo español no Pazo das Comunicacións de Madrid, deseñado polo noso Antonio Palacios. Seica foi Valentín Paz Andrade quen visitando o obradoiro do arquitecto, viu o rascuño do escudo real, e lle dixo: "Prántalle aí no medio o de Galicia". Ese prantar en sentido figurado, pero quen sabe se tamén nun sentido case real.

256. Os sucesivos El-rei deberon dar un consentemento tácito a estes escudos galeguizados do Antigo Réxime que atopamos na Coruña, en Santiago —no Panteón Real ou na Universidade— ou mesmo no santuario da Escravitude (Padrón). "Total, estes pasan o día inventando pero non pasan de aí", seguro que dixo algún ministro no seu despacho diario ao sacar de pasada o tema. Quizas non se decataban de que no fondo, os galegos estaban propoñendo outra lectura, máis inclusiva, da historia de España. Os sucesivos El-rei, prudentes ou timoratos, calaron. É bo que os reis deixen que falen outros por eles, mesmo que imaxinen por eles. Dar explicacións é un asunto que require moita práctica.

 

 

Noticias do Reino de Galiza.

 

La batalla de Fornelos: El día en que los gallegos APLASTARON al Rey Vikingo Gunderedo

 https://www.youtube.com/watch?v=dEYh_HSNxqw&t=40s


luns, 6 de abril de 2026

I Can't Help Falling in Love


 https://www.youtube.com/watch?v=Q8jvtfElPJI

Los sabios dicen                                  Wise men say
Que solo los tontos se precipitan                    Only fools rush in
Pero no puedo evitar                                                         But I can't help
Enamorarme de ti                                                                       Falling in love with you

Si me quedara                                      Shall I stay?
¿Sería un pecado?                                      Would it be a sin
Si no puedo evitar                                                     If I can't help
Enamorarme de ti                                                                Falling in love with you?

Como un río que fluye                   Like a river flows
Seguro hacia el mar                                      Surely to the sea
Querida, así es                                                          Darling, so it goes
Algunas cosas están destinadas a suceder                       Some things are meant to be

Toma mi mano                                                      Take my hand
Toma mi vida entera también                                             Take my whole life too
Porque no puedo evitar                                                                For I can't help
Enamorarme de ti                                                                 Falling in love with you

Como un rio que fluye                            Like a river flows
Seguro hacia el mar                                                    Surely to the sea
Querida, así es                                                                      Darling, so it goes
Algunas cosas están destinadas a suceder                    Some things are meant to be

Toma mi mano                                Take my hand
Toma mi vida entera también                 Take my whole life too
Porque no puedo evitar                            For I can't help
Enamorarme de ti                                        Falling in love with you

Porque no puedo evitar                                   For I can't help
Enamorarme de ti                                            Falling in love with you

Paula Fernandes, Leonardo - Tocando Em Frente


 https://www.youtube.com/watch?v=Jb7LTOMJ3Qg&t=208s

Ando devagar porque já tive pressa
E levo esse sorriso porque já chorei demais
Hoje me sinto mais forte, mais feliz, quem sabe?
Só levo a certeza de que muito pouco sei
Ou nada sei

Conhecer as manhas e as manhãs
O sabor das massas e das maçãs
É preciso amor pra poder pulsar
É preciso paz pra poder sorrir
É preciso a chuva para florir

Penso que cumprir a vida seja simplesmente
Compreender a marcha, ir tocando em frente
Como um velho boiadeiro levando a boiada, eu vou tocando os dias
Pela longa estrada eu vou
Estrada eu sou

Conhecer as manhas e as manhãs
O sabor das massas e das maçãs
É preciso amor pra poder pulsar
É preciso paz pra poder sorrir
É preciso a chuva para florir

Todo mundo ama um dia, todo mundo chora
Um dia a gente chega, no outro vai embora
Cada um de nós compõe a sua história
Cada ser em si carrega o dom de ser capaz
De ser feliz

Ando devagar porque eu já tive pressa
E levo esse sorriso porque já chorei demais
Cada um de nós compõe a sua história
Cada ser em si carrega o dom de ser capaz
De ser feliz

sábado, 4 de abril de 2026

Sachando nos eidos alheios.

 aspirina B

Um bom texto para tratar da defessa comúm duma constitução. Quando chegar estes debates são invevitáveis a aparições de anjos, arcanjos, querubins&serafins que olham para o consenso conseguido numa época histórica complicada como uma pérfida confabulação entre uns fracos esquerdalhos e uns opulentos donos da fazenda. O posibilismo não da réditos no debate , todos iriam mais lá para chegarem o mundo ideal. Há uma carreira por ensinarnos o céu mais lindo possível. Como se uma constitução fosse capaz de arranjar todo quanto problema futuro viesse, e como se for um livro sacro que Deus deija num Sinaí imaginario. Não, só é uma declaração de intenções e princípios para conseguir o artelhamento e funcionamento das estruturas do Estado, e sobre todo na que se vejam representados uma grande maioria dos cidadãos.

 

 

 

ORGULHO IBÉRICO. 

https://aspirinab.com/valupi/orgulho-iberico-3/ 

 

Assim é. Comparto iste orgulho e mais o anterior do blogue.

 

venres, 3 de abril de 2026

Notas soltas. Lingua.

 

cumqueiro a favor da grafia portuguesa

Imagen

 

 

Notas Soltas

 1.-

Imagen


Agora 65 anos da toma do transatlantico Santa Maria-Santa Liberdade por un comando ibérico do DRIL con Carlos Velo, Soutomaior, o almirante Galvão.. Tomárono para denunciar internacionalmente as dictaduras de Franco/Salarzar. Coincidindo coa toma de pose de JF Kennedy. Lográrono!
 
 
2.-

UUMA HISTORIA REAL, E A OUTRA FANTÂSTICA, REALISMO MÁXICO. Imagen

Imagen

LUA, LUA. Lingua, lingua.



MARCO NEVES. 

 

 Há 6500 anos, na língua que veio a dar origem ao português, LUA dizia-se de duas maneiras diferentes… A primeira, mais comum, era *mḗh₁n̥s, que derivava do verbo que significava «medir». A Lua servia para medir o tempo… Foi essa raiz que nos deu a palavra MÊS. Foi também a origem da palavra inglesa «moon». A segunda palavra, usada em discursos mais poéticos, era *lówksneh₂, derivada de *lewk-, que significava «brilhar». Foi dessa raiz que veio LUA, mas também LUZ. No caminho entre *lówksneh₂, do proto-indo-europeu, e LUA tivemos a palavra latina «luna», que deu origem a às várias palavras das línguas latinas: a «lună» romena, a «luna» italiana, a «lune» francesa, a «lluna» catalã, a «luna» castelhana e mais umas quantas... No caso do galego e do português, ficámos sem o N no meio da palavra. Os falantes que transformaram o latim na nossa língua deixaram cair muitos sons [n] e [l] entre vogais e, por isso, a palavra LUA tem uma cicatriz antiga, típica do galego e do português. (Conto o resto da história no livro AS RAÍZES DA LÍNGUA, que sai este mês.)

 

 

 

Notas soltas.

 Imagen 

Numca interrumpas o teu inimmigo quando está a cometer um erro. 

 Bosnia elimina a Italia para irem o Mundial 2026.

Imagen 

 Edin Džeko: "Se lo quiero dedicar a mis amigos que cuando tenia 6 años con los que iba todas las tardes a jugar al futbol a la calle. Y bueno un día mi madre se enojó, y bueno una bomba explotó en la calle, y todos mis amigos murieron".