Para situar-nos um pouco nas longas guerras dos Jacobitas de Escocia podemos irmos a ver a serie "Outlander" que nos trasladara a aquelas datas.
O Comando de Intervenção Urbana Roi Xordo (CIURX) coloca umha placa no parque Rosalía de Castro de Vilalba em memória do coronel galego Nicolás de Castro Bolaño, "vilalbés que ao mando de 300 galegos loitou bravamente polas liberdades de Escocia na batalla de Ghleann Seile (10-6-1719)".
Assim escrevia o grande Santi Bernárdez sobre esta aventura Galaico-Escocesa de 1719 em Nós Diario hai uns anos:
Dende que apareceran as guerras de relixión no Atlántico europeo, o reino de Galiza viuse envolto en sucesivos conflitos, onde as elites galegas daqueles tempos optaran por manter a aposta polo comercio atlántico con aquelas comunidades insulares que mantiñan afinidade na relixión.
Estes conflitos vanse suceder desde o século XVI ao XVIII. Isto vai impulsar a recuperación da Xunta do Reino, dun organismo de autogoberno con representatividade suficiente como para ser a voz do país na corte do Habsburgo e coa que facer valer os intereses galegos, nomeadamente a defensa das costas e os vínculos que permitían manter redes comerciais vitais para boa parte de Galiza. Un destes vínculos comerciais era o do viño, e aí vaise xuntar este interese co das elites irlandesas, que xa a finais do XVI comezan a se mover cara a Galiza, onde a orde franciscana e moi particularmente o mosteiro de San Francisco de Compostela xogarán un importante papel.
A implicación directa da Galiza nos conflitos irlandeses, tanto no tocante á toma de Kinsale como en conflitos posteriores, ou a resistencia contra Cromwell, van converter a Galiza do século XVII en receptora de millares de refuxiados irlandeses. Refuxiados que formarían rexementos ao servizo dos Habsburgo e máis tarde dos Borbóns, pendentes da oportunidade de que algunha alianza lles permitise volver alí onde se puidese loitar pola propia patria, ou por aquela causa que entendían era a mellor para o futuro de Irlanda. A causa dunha monarquía católica, con respeito polo antigo réxime irlandés e das demais nacións das illas, fai que esta comunidade irlandesa no XVIII simpatice coa causa xacobita.
Os xacobitas escoceses van ter Galiza como base para cando menos unha das súas empresas, o levantamento de 1719 por Xacobe Estuardo, III de Inglaterra e V de Escocia. James Francis Edward Stewart, coñecido como “O Vello Pretendente” procurará alianzas no Vaticano e coas potencias europeas que rivalizaban ou estaban en guerra entón con Inglaterra. Para isto vaise desprazar a Galiza naquel ano, onde un nobre xacobita irlandés, James Battler, o segundo duque de Ormonde, xa organizaba unha expedición supervisada polo cardeal Alberoni, conselleiro militar de Filipe V de Borbón. O plan pasaba por levar dous grandes continxentes militares dende a península que apoiaran unha insurrección xacobita. Estes continxentes militares deberían desembarcar en Escocia e Gales. O “Vello Pretendente” vai estar entón por varios meses entre Compostela e Betanzos, supervisando os preparativos e o posterior seguimento da operación.
Vai partir primeiramente unha frota desde Cádiz con 7000 soldados e 27 navíos, só que boa parte desta remata por naufragar fronte Fisterra, e os desperfectos dos navíos que se salvan frustran a expedición. Estas tropas ían desembarcar en Gales ou na Cornualla para emprender a toma de Londres, ao tempo que outro destacamento militar máis pequeno mobilizaría as tropas e aliados do vello pretendente e Escocia. Esa expedición vai ser a do Rexemento de Galiza, que estaba comandado polo tenente coronel Nicolás de Castro Bolaño. Os galegos partirán finalmente do porto guipuscoano de Pasaia para navegar até as Hébridas.
Os galegos acamparán o 7 de abril de 1719 en “Steòrnabhagh”, a vila principal da illa de “Leòdhas”, por indicación do brigada George Keith. Este brigada desestima o plan inicial de atacar dende alí directamente Inverness, debido ao baixo número de tropas xacobitas reunidas. O 13 de abril diríxense a Kyle, o porto das Highlands, perto da illa de Skye, onde desembarcan e toman posicións. Moi perto de alí estaba o que hoxe é o castelo máis famoso e fotografado de Escocia, o de Eilean Donan, onde o Rexemento de Galiza vai gardar a maior parte das armas e municións que traían para o exército xacobita, e establecen alí o seu cuartel xeral. As dúas fragatas que transportaran o rexemento voltaron para a península, no entanto, a maioría dos clans xacobitas rexeitaban mobilizarse, mentres non recibiran novas dos avanzos do sul, onde se agardaba que desembarcaran as tropas que viñan de Cádiz.
O 10 de maio unha frota combinada británica, comandada polos almirantes Lord Berckeley e Sir John Norris, dirixiuse cara a illa de Skye e entrou en Loch Alsh até a illa de Donan, desembarcando onde o castelo e sendo rexeitados por sorpresa polo continxente de perto de media centena de soldados galegos que ficaran no castelo. Os soldados ingleses sobrevivientes ao recuar abrirían fogo de canóns contra o castelo, causando importantes danos que provocarían a sua posterior ruína e tamén a rendición dos soldados.
Cando menos un soldado galego morreu no lugar naquela data, e ainda hoxe os guías turísticos de Eilean Donan falan anecdoticamente da pantasma do defunto, que seica segue a aparecer. Os demais soldados foran capturados xunto a un irlandés e un escocés, sendo estes dous condenados a morte, mentres que os galegos serían levados presos ao castelo de Leith, ao norte do que hoxe é Edimburgo.
O resto da tropa galega estaba ausente, uns 300 homes ao mando de Nicolás de Castro Bolaño e o sarxento maior Alonso de Sanatrem desprazáranse cara ao sur na procura do apoio doutros clans xacobitas. Varias ducias de escoceses xuntaríanse até sumar a cantidade duns 1600 homes, principalmente do clan Mackenzie, mais tamén dos MacIntosh de Borlum, os Cameron, os Mackinnon, os Murray, os Keith e tamén algúns do clan MacGregor, liderados estes últimos polo mítico Rob Roy MacGregor, un dos más famosos personaxes de cinema americano sobre a historia de Escocia. Todos van acudir a 12 millas do castelo de Eilean Donan, ao Glenshiel, onde farán fronte a un combinado de clans escoceses leais ao monarca protestante, un rexemento neerlandés, o de Hussele, amais de varios rexementos ingleses e escoceses dirixidos polo xeneral Joseph Wightman até sumar perto dun millar de efectivos entre cabalaría e infantaría.
O dia dez de xuño, a tropa galega vai tomar os cinco outeiros coñecidos como “As Cinco Irmás”, en Gaélico escocés “Còig Peathraichean Chinn Tàile”, situándose na parte frontal dos mesmos e nas cuíñas, mentres que a maioría dos xacobitas ficarían nos laterais dos outeiros. O bando xacobita non era moi superior en número aos leais a Xurxo I de Hannover, pero o seu armamento e preparación era máis precaria, xa que o continxente británico estaba integrado maioritariamente por forzas regulares. Entre as cinco e as seis da tarde comezou a batalla. Boa parte dos homes do clan MacGregor retiraríanse no solpor aproveitando a brétema cando Rob Roy caeu ferido, mentres as tropas galegas cubrirían a súa retirada, mantendo as posicións no alto dos outeiros, xunte eles aínda varios centenares de xacobitas.
Finalmente o fogo parou ás nove do serán. O consello xacobita deliverou durante a noite a situación. Homes doutros clans se aproximaran para servir de reforzo, entre eles os MacDonald de Clanranald, os Chisholms de Strathglass ou os Grants de Glenmorrison, moitos deles aínda a horas de camiño de Glenshiel, mais con todo o consello decide capitular. Ao saír o sol os británicos ven formar os homes de Bolaño, dispostos para continuar co combate, pero ás oito da mañá, un capitán galego achegaríase ao campamento británico cunha carta onde se recollían as condicións da rendición, condicións que serían aceptadas polo xeneral Wightman.
O número de baixas entre ambas partes non chegaría ao centenar. Un dos outeiros do lugar foi nomeado como “Sgurr nan Spainteach”, o Outeiro dos Españois, en memoria das tropas galegas que combateran alí aquel día. Aquela rebelión pasou a ser coñecida como “The Little Rising”, o pequeno levantamento, mais é lembrada sobre todo por ser a última vez que un continxente de tropas de fóra das illas combateu en chan do territorio británico.
Os 274 soldados galegos que sobreviviron terían unha saída honorable, permitíndoselle conservar o seu estandarte coas armas do Graal galego e mesmo baixar en formación ao son das caixas até ser recluídos no castelo de Edinburgo, onde se reunirían con aqueles que foran levados antes até Leith logo da perda de Eilean Donan. Despois de negociacións serían repatriados a Galiza a comezos de outubro.
Mais sería no mesmo mes cando un ataque combinado das forzas aliadas contra Filipe V de Borbón, a chamada “Tripla Alianza” mobilizou tropas na fronteira francesa e emprendeu unha expedición armada de represalias contra os portos do sul da Galiza. Tomarían e saquearían Vigo, Redondela, Marín e Pontevedra. Compostela chegaría a pagar a suma de 4000 libras para non ser saqueada. Os ingleses emprenderían finalmente o camiño de volta a finais daquel outubro do 1719, destruíndo arsenais que sabían que foran preparados para facilitar expedicións militares nos dominios británicos.
Tempo despois o padre Xerónimo Feixóo velería polo tenente Coronel Nicolás de Castro Bolaño, para a súa restitución á fronte do rexemento de infantaría de Compostela, rememorando o seu valor anos atrás na aventura escocesa conmemorada por moitos escoceses nun dos lugares considerados como de maior beleza paisaxística do seu país, o Glenshiel.
O gaiteiro Ivor Mackenzie, orgulloso da historia do seu país e do seu clan, así como grande amante da música e cultura galegas, lembra que a memoria popular di que os galegos caídos na batalla foran soterrados en Glen Strathaskaig, perto da vila de Archmore, varias millas ao norte do lugar da batalla.
No meu galego de infância ouvi algumas vezes a minha mãe , e outras persoas da vicinhanza, esta palavra. Pero já estava esquecida para mim. O subconsciente trouxo-me de súpeto este belo recordo ao lêr este pequeno texto no blog "mãe preocupada". Pouquinhos hoje no galego farão uso desta palavra,acho eu. E seguramente só na literatura se encontrará. Mas eu dou fé do que eu vivim naquel mundo que ainda era testemunha da linguajem e da cultura secular do Reino de Galiza. Acho que hoje nem a minha mãe, moi idosa já, seguro que também a tem no olvido, por falta de uso.
Mais uma vez é precisso ir o galego de Portugal para refrescarmos as fontes do galego da Galiza. Viva a lingua.
O
viúvo octogenário sem descendência que nada em dinheiro tem sido
chamado à razão por algumas quantas boas alminhas, sempre zelosas, no
sentido de abrir o olho e se manter esperto quando as mulheres se
acercam muito. Garantem-lhe que é próprio delas uma perversa inclinação
para as fontes de abundância material e que, para açambarcar o que
jorra, dispõem-se a simular estados de paixão assolapada, disfarçando,
como atrizes de primeira, a repulsa pela decadência de todo o aparelho
da masculinidade quando lhe mudarem a fralda.
NIA y Guaynaa no forman un grupo musical permanente, pero han colaborado en la canción "Vamo' Echando", lanzada en noviembre de 2024.Este tema fusiona ritmos latinos y urbanos, combinando la esencia canaria de NIA con el estilo urbano de Guaynaa.
El videoclip muestra a ambos artistas bailando en escenarios tradicionales, como un bar y un patio, al ritmo de trompetas y tambores.La canción celebra la alegría de vivir y narra un encuentro romántico entre dos desconocidos.
NIA, ganadora de "Operación Triunfo 2020", continúa explorando sonidos latinos en su carrera musical.Por su parte, Guaynaa, conocido por su éxito "Rebota", ha mostrado interés en colaborar con artistas españoles y ha expresado su deseo de incursionar en la salsa.
Vázquez Monxardin faz um bonito artigo no jornal La Región acerca do que são os turistas e um pequeno comentario sobre os fodechinchos. Concordo coa sua apreciação acerca do fenómeno dos chamados fodechinchos que me parece uma mala e injusta generalização sobre as pessoas que fam parte do turismo galego. Os casos ailhados nas redes sociais não reflictem tampouco o sentir e a forma de proceder da população galega, em geral respetuoso e acolhedor. Além disso, o artigo centra-se nos irmãos portugueses que nos visitam e são o mais numeroso grupo de visitantes. Como homem posibilista e positivo o autor aboga pelo fomento do turismo português na Galiza Da uma cheia de razões nas que concordamos. Sem duvida o fomento implica uma postura de maior conhecemento cultural além Minho, além Tras-o-Montes, Larouco e Gêres e valorizar o moito que nos aporta o intercambio social, comercial e cultural com Portugal.
O advogado Nemexio Barxa deixa-nos o que para ele foi um desleixo por parte do alcalde dum municipio ourensán o não aceitar a doação da sua biblioteca para o o uso do povo. Fai-no como é habitual nel em galego coa grafia portuguesa, naturalmente, para deixar pegada de que as duas grafias são posíveis na escrita do galego.