luns, 2 de febreiro de 2026

GROENLÂNDIA. Vexa isto: BORGEN . Serie danesa sobre a política danesa que pode ser a política de cualquer país. (reciclaje blogueiro)

 Este post está escrito no 2020. 

Vem agora aquí a conto do problema criado com GROENLÂNDIA. A última temporada  de BORGEN está adicada já ao problema de GROENLÂNDIA.

 É curioso voltar atrás e vermos como o problema já existia e  ainda que não fala de TRUMP, o contexto e tal qual o de hoje. .  Não  fixem nenhuma modificação na escrita, os "papiros", com os seus erros,  não  devem  ser manipulados. 

Até na escrita se nota o passo do tempo, escrito en galego normativo. 

 

Netflix resucita ‘Borgen’, una de las mejores series de todos los tiempos

 

 No ASPIRINAB, meu blog histórico, xa  de culto, encontrei-me con esta recomendación que  por fortuna repon  a Netflix. As razons que Valupi me suxire, expostas no texto que segue, seduzenme para adicarlle un tempo. É iste um xénero que me fai disfrutar alén de mellores e piores logros. Non vin "The west wigins" que fica como asignatura  pendente , si vin House of Cards e fiquei maravillado da serie. As recomendacions de Valupi son ordes, e a pesquisa por miña parte  das cousas interesantes que el lanza a blogosfera sempre enriquecen a nosa vidiña. Esta noticia chega en regular momento, pois ando lento últimamente para as series,  sentado diante do ecrá. E ainda pior, porque ando con traballos atrasados no tema, pois  ando os poucos a lidiar  con Versalles; un documental sobre Trump que está no momento quente de velo; a ponto de rematar Outlander, que parece que nunca acaba nunca, como acostuma a pasar con algunhas series. Por acima estou recen comenzado a ver  Knigtfall, unha de templarios, santo grial e loitas medievais, tema que tamén me apaixona. Pois bem, ainda tudo iso, acho que e bon momento para recomenzar e mergullarme nas profundidades dunha boa história política,  que, tal como dice Valupi, é moi real.

      Seguiremos informando.

E há muitas razões mais para ver esta excelente série pela primeira vez. Pese a semelhança temática, não será justo comparar Borgen com The West Wing, esse diamante de Aaron Sorkin que pertence ao panteão da TV. Nesta, a escrita intrincada e na esgalha, sempre a correr o risco de cair numa exibição vaidosa, espalha uma sofisticação e densidade que não têm qualquer paralelo com a escrita de Adam Price e sua equipa de argumentistas. A opção dinamarquesa é pelo registo não só realista, o que é duvidoso que seja o caso americano dado o seu artifício idealista, como pedagógico (a resvalar para o ingénuo?). Se fosse preciso concluir uma formação universitária em Direito, Ciência Política, História ou Filosofia para entrar a fundo no universo de Josiah Bartlet e Toby Ziegler, em ordem a nos sentirmos à-vontade no universo de Birgitte Nyborg e Kasper Juul basta estar em vias de concluir o secundário. Ao mesmo tempo, Borgen retrata fielmente as lógicas, dinâmicas, rituais e acidentes que ligam políticos e jornalistas num frenesim imparável de aproximações e separações, alianças e batalhas. E tudo isto, notavelmente, sem cair no melodrama nem procurar fazer humor.

Para mim, e não estarei só nessa experiência, o mais admirável na visão de Adam Price é ter conseguido mostrar a democracia a funcionar na perfeição sem ter cedido meio milímetro ao cinismo e ao tribalismo. As personagens são profundas quanto baste, o elenco é credível e envolvente, e há um arco narrativo que faz da decência o valor mais importante para o estadista. Um estadista que se vê a falhar como os outros, pois é humano, mas que é salvo pelo afecto e pelo idealismo de terceiros – da comunidade, portanto. Esse estadista modelo germinou na cabeça do autor da série e conheceu a luz no corpo e arte de uma actriz fabulosa, Sidse Babett Knudsen. Ela consegue o feito de vencer o estigma que penaliza as mulheres na política ao criar uma personagem cuja autoridade de líder é verosímil e inspiradora. Ficamos a sonhar com o milagre de vermos a Birgitte a saltar do ecrã e a meter-se a caminho do parlamento mais próximo. Afinal, a sua (e nossa) segunda casa.

 

   Mais información o respecto, niste caso de La Vanguardia.

Netflix resucita ‘Borgen’, una de las mejores series de todos los tiempos

 

domingo, 1 de febreiro de 2026

Notas de historia. Porqué caiu a Galiza?

Rapinhado nas redes. 

 PORQUE CAIU A GALIZA | Valín Libros

Antes de continuar coa cronoloxía dos Reis de Galicia, gustaríame escribir algo sobre as estupendas reflexions e enseñanzas que no libro Porqué caiu a Galiza? de Jose Manuel Barbosa,da editorial Através, se fan sobre a problemática da herdanza do trono a morte do rei Afonso VIII O Galego, e o importante papel que xa naquelos tempos, xogaban a nobreza, o clero e, como non, os Papas, que tanto dano e coas peores intencions, dende sempre nos fixeron, e nas que, con unha man che bendecian, e coa outra, che clavaban o puñal.
Como era de esperar, a disputa polo trono entre “Fernando III de Galicia” (e xa naqueles intres I de Castela, lembrémolo) e Sancha e Dulce (fillas de Afonso VIII) dexenerou en enfrontamento aberto e guerras entre eles. A “política internacional” de Roma pra con Galicia, era a de presionar os bispos pra que apoiaran os intereses da coroa de Castela, que eran os de Roma, malia a lexitimidade feita por Afonso VIII no seu testamento. Na “Chronica Latina Regum Castellae” (“escrita” por Juan de Soria) dinos que ao entrar Fernando I de Castela na cidade de León, e aclamado pola poboación como rei, e que Sancha e Dulce non foran recibidas como raiñas, como deixara seu pai notificado no testamento (bastantes historiadores ven neste documento unha clara tendencia castelanista, e non lle dan moito valor pola falta de imparcialidade documental). Nesta “pelexa de tronos”, salta outra vez o nome de unha persoa e de unha familia, tamén ligada a nosa historia: Rui Gomes de TRASTÁMARA, fiel e leal defensor do difunto rei Afonso VIII e que, por respetar os desexos de él, negoulle a fidelidade a “Fernando I de Castela” durante moito tempo. No chamado “Pacto das Nais” feito en Coiança (Coyanza, Valencia de San Juan, León?) entre as raiñas irmans mentras Fernando permanecia en León, púsose fin as disputas e acordouse que Fernando seria tamén rei galego-leonés. Acordados os puntos, reuníronse en decembro Sancha, Dulce e Fernando I de Castela, en Benavente, onde se asinou o acordo de coroar a Fernando como rei de Galicia e recibiren elas unha indemnización e unha importante renda anual, ingresando nun convento. Estes cartos recibidos, voltarian a coroa no caso de que casaran ou faleceran. Do que se trataba na realidade, era de que as irmáns renunciaran a calquer reivindicación ou reclamación da coroa. Pra que isto non acontecera, naquel entón, mandáronse destruir importantes documentos ligados de unha forma o outra co Tratado de Benavente ou con outros calesquera que poideran poñer en perigo a Coroa de Fernando en Galiza (en Castela xa a tiña). Houbo que “reescribir” a historia, e como non, engrandecéuse o protagonismo de Castela e Galicia quedou relegada a unha terra sin importancia, malia a seguir sendo recoñecida en todo tipo de documentación árabe e europea, como reino e centro de peregrinación e de intercambio relixioso, mercantil e cultural, sendo como foi, dende sempre e pra sempre, o MOTOR ECONÓMICO E SOCIAL daquela época de toda a zoa do NW peninsular, onde a sua área de influencia chegaba mais aló dos Pirineos. Tanto é asi, que toda a documentación peninsular que chegou ata nós despois de Afonso VII, é castelán e de tendencia claramente castelanista. Ainda que houbo alguns documentos que se salvaron da destrución, como o “Chronicon Mundi” de Lucas de Tui (escrito en 1.238), a “Chronica Latina Regum Castellae” de Juan de Soria, ou “De miracules Sancti Isidori”, que nos relatan as rebelions acontecidas na cidade de León e en Galicia, onde se asaltaron o palacio do rei, a eigresa de San Isidoro e as Torres de Carnota, que demostran O POUCO APOIO POPULAR que este rei tivo no reino Galaico-Leonés, e que nunca foi aceptado. Quizais por isto, “Fernando III de Galicia” e I de Castela, nunca quiso coroarse nin en León nin en Santiago.
Un apunte fundamental e moi importante e a ter en conta historiográficamente, é o que nos fai o noso querido Don Jose Manuel Barbosa neste libro (así como outros importantes historiadores, noutros) : tanto Lucas de Tui, como Juan de Soria, como Ximenes de Rada escriben as suas obras e relatos da historia baixo o mando de Berenguela de Castela, nai de Fernando. A manipulación documental da historia, queda sobradamente demostrada, cando estes escritores identifican a Afonso VI e Afonso VII como reis de Castela, cando estes monarcas galegos nunca usaron en vida estos títulos. No caso de Ximenes de Rada (que pasou a historia como un gran manipulador de documentos a favor da causa castelán) e no seu “De Rebus Hispaniae” bótalle a culpa da división da Coroa a familia dos Trava, sabendo ben que dita división favorecia mais a Castela.
O realmente triste de toda esta falsedade documental, e que os “historiadores” inmediatamente posteriores a Lucas de Tui, Juan de Soria e Ximenes de Rada, baseáronse nos relatos históricos manipulados deles pra seguir escribindo a historia : Afonso IX, O Sabio, cando escribeu a General Estoria (1.270), a Estoria de Espanna (1.270-1.274), outra Estoria de Espanna (1.280-1.284), a Cronica de los Veinte Reyes (1.282-1.284), e a póstuma de Crónica de Castilla (1.300)... Merecen ser nomeados tamén De Praeconiis Civitates Numantine e De Praeconiis Hispanie, cuia obra desapareceu e quedou dispersa ata o século XIX, e ainda hoxe non están publicados moitos dos seus escritos, e no que si entendin ben a lectura do libro, pertencen a Joao Gil, que fora asesor e secretario do rei Afonso IX o Sabio (e que tamén estivo involucrado na recolleita de textos pra a creación das famosísimas Cantigas de Santa Maria).
Si ben a poboación galega rechazaba o reinado de Fernando I de Castela en Galicia, co apoio que sí contou este rei (que lembremos, xa era rei de Castela cando acedeu o trono galaico) foi co de, como non, o Papa Gregorio IX, que queria por enrriba de todo a unión das coroas e a supremacía de Castela sobre Galicia, pra quitarlle todo o poder e influenza a nosa terra e a Compostela, que tanto desagradaba e odiaba Roma ao sairlle un forte competidor como era o centro de peregrinación a Santiago. Dito de unha maneira moi sinsela, pra que todo o mundo o entenda : dende Roma e dende facia moitos anos, foron os Papas os que dirixiron e planearon a destrución e desaparición do Reino Galaico-Leonés. Mais claro, auga nun vaso.
Seguiremos outro dia...