https://www.youtube.com/v/=zeUEQWhLgtg&t=90s
https://www.youtube.com/v/=RfTRdAdfMDw
https://www.youtube.com/v/=zeUEQWhLgtg&t=90s
https://www.youtube.com/v/=RfTRdAdfMDw
Faz 25 anos que se comenzaba a gravar a serie na TVG, "mareas vivas".
Lembra Carlos Blanco en Facebook que un día coma hoxe hai 25 anos comezaban a gravar Mareas Vivas. Exemplo de serie que mudou un país. Unha ficción en galego que foi emitida en Telemadrid e ETB, e que aquí alcanzou en varias ocasións cotas de máis do 50% de share. Irrepetible.
Os datos de audiencia daquela época non son fáciles de atopar, pero hai quen remarca que as cotas foron superiores ao 60%.
En todo caso, quede claro que a catedral románico-gótica de Compostela, e o seu Pórtico da Gloria, en particular, son inseparábeis e inexplicábeis, sen a existencia dun reino, o de Galiza, e sen o que representaron dous reis galegos, Fernando II e Afonso VIII, soterrados no Panteón Real da Catedral. E para que non quede dúbida: ambos presumían de seren trobadores en lingua galega, o seu idioma natural, ambos foron educados pola clase dirixente galego-portuguesa (Trava e Arias), ambos casaron con princesas portuguesas coa vista posta na reunificación, ambos mantiveron alianza cos almohades e convivencia cos xudeus, ambos foron excomungados polo Papa por contraviren os intereses do Papado na Península Ibérica, ambos son para os historiadores españois, cun mínimo de vergoña científica, privativos de Galiza e León e os máis poderosos de entón…Sen o esplendor e poder do reino de Galiza todo o que o Pórtico da Gloria representa non ten a mínima explicación…