En todo caso, quede claro que a catedral románico-gótica de
Compostela, e o seu Pórtico da Gloria, en particular, son inseparábeis e
inexplicábeis, sen a existencia dun reino, o de Galiza, e sen o
que representaron dous reis galegos, Fernando II e Afonso VIII,
soterrados no Panteón Real da Catedral. E para que non quede dúbida:
ambos presumían de seren trobadores en lingua galega, o seu idioma
natural, ambos foron educados pola clase dirixente galego-portuguesa
(Trava e Arias), ambos casaron con princesas portuguesas coa vista posta
na reunificación, ambos mantiveron alianza cos almohades e convivencia
cos xudeus, ambos foron excomungados polo Papa por contraviren os
intereses do Papado na Península Ibérica, ambos son para os
historiadores españois, cun mínimo de vergoña científica, privativos de
Galiza e León e os máis poderosos de entón…Sen o esplendor e poder do
reino de Galiza todo o que o Pórtico da Gloria representa non ten a
mínima explicación…
lunes, 24 de julio de 2023
25 de julho, día Nacional de Galicia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: