Revivir a infancia. O futbol ten iso máxico que está en nós e nos acompaña nos tempos que van vindo e pasando, até xa ter moito tempo andando.
Cuando un vive na infancia da aldeia há lá en algures un mundo lonxano, máxico fornecido pelas imagenes a branco e preto daqueles teelvisores dos anos sesenta, naqueles cafés húmidos, sómbrios e sobrios. Sentados lá nunha esquina, afastados daquel mundo que ruxía o noso redor, os golpes nas mesas, as vozes fortes e altas, o fumo dos charutos e do celta e o peninsular. Alí estabamos como adoradores daquel aparello desprezando aquel ambente que ollabamos tan lonxano a nós. Crianzas que soñabamos con novos mundos.
Aquel mundo tan alleo e tan máxico vai nos acompañar sempre na vida. Zoco xogaba no Real Madrid era un xogador normal, mais ben escondido naquela barabunta dos vintedos do campo, lá perdido polo medio, por vezes sem que alguns se enteiraran de que estaba alí. Mas naquela época os xogadores duraban mais nos equipos e era todo mais estable. Eu sabia e vivía a alineación do meu equipo, tiña os cromos de todos os xogadores da liga e tiña unha relación especial no me imaxinario con aqueles herois que me parecían tan maiores.
De Zoco diciamos que era dos piores do Real cuando nos xuntabamos a partillar as nosos coñecimentos futbolísticos. Da cual aportaba algo que ouvia, pouco, porque daquela a información era pouca. Ainda que a miña admiración celestial por Amancio era absoluta, consideraba que Pirri era a luta e prestancia no campo, o esplendor de Gento, Groso, a maxia de Veláquez. En fin son todos os xogadores da miña infancia, os da sexta copa de Europa, os mitos que te acompañan toda a vida. Zoco era do montón, ninguem era de Zoco, ainda que todos os querían, e respeitaban. Xogaba nun posto sacrificado, medio volante retrasado, daquela estaba tamém o defensa escoba. Viase que estaba posto alí nun lugar sacrificado no campo, que te obliga a solidaridade e a entrega para os demais, tes que traballar en defender e asistir os pases dos compañeiros, fornecer os teus e oprimir o contrario, sen o traballo de el o equipo non funcionaría, e iso xa sabiamos velo, aquelos precoces críticos. Zoco facia todo iso e faciao con perfección. Era o xogador disciplinado, correcto. Alto rubio, andaba por todo o campo, correndo e sen enfrontarse a ningém , nunca era protagonista e xogaba case sempre, era lenda fixa no Madrid daquela época.
Zoco morreu onte, e vendo a sua foto que para min era xa un home maior vexo a un rapazote, ben feito, fresco , sano e xoven moi xoven. Cumprese o principio do paso dos anos que unha vez lle ouvi a Carlos Casares, que decia que un realmente é maior cuando olla que os futbolistas son uns rapaces novos.
Asín foi o mito do futbol que tan dentro de nós deixou as pegadas que nos levaron a sentirnos amigos, compañeiros dos nosos ídolos, dos que perteceron a nosa fase mítica da vida, que é tan precisa e necesaria para retrasar o mais posivel o escepticismo, o nihilismo, a mala baba e o descreimento de todo. Os mitos axudan a soñar, e a tal vez enganar o espirito e fuxir da estrumeria, merdenta e misera do día a día e dos merdentos e merdentas que andan o noso redor.
Que bonito é soñar e repetir durante toda a vida a alienación mais famosa daqueles herois do tua equipa. Betancort, Calpe, De Felipe , Sanchis, Pirri, ZOCO, Serena, Amancio,Groso, Velázquez y Gento. Son seres que nos acompañaron sempre e ahí aparecian en cualquier momento nos doces recordos.Van morrendo, na vida as cousas van morrendo no entanto nós non morremos e mantemolas vivas mentres temos a ilusión de que existan. A vida está en nós mesmos. Adeus.