O señor rematara a sua vida profissional como alto cargo do exército. Era un xeneral xa fora de servizo. Xa remataran as responsabilidades, as chamadas, os subordinados, o conselo do axudante de campo. Xa ninguem chamava para combinar un encontro, xa fose un político, um empresario, un compañeiro de profesión, ninguén. Xa ficaron atrás as reunios co seu axudante para decirlle que había que revisar a axenda e engadirlle que haveria que anular tal ou cual cita , imos ver tamén estoutra e mais aquela. En confidencia decirlle o seu axudante que non quero ver de momento o señor Fontes, arranxe a cousa como poda, dialle largas ; desculpeme cos veteranos lexionarios e coa asociación de veciños de Paríso Tropical e digalles que non poderei asistir a sua festa anual. No que respeita a empresa do presuposto dos xardíns, deixe andar, se lles interesa xa chamarán.
Un día qualquera dun inverno qualquera, aburrido no seu salón, ollando o escuro da tarde de chuvia, descolgou o teléfono e chamou o seu antigo axudante, tamén retirado, que agora tamén andava libre de cargos e disposto como nunca para os asuntos do seu ex-xefe, e ainda lle quedaría seguramente algo da antiga fidelidade que o xunguiu a él. Faloulle, recordoulle vellos tempos, perguntoulle, como é emn obriga, como lle iba e dixolle que tiñan que tomar algo xuntos pra falarem . Que lle gostaría poderem-se ver para tomarem xuntos un café. Iso si havia que ollar pra procurar un momentiño porque andava moi ocupado, como sempre, xa me entendes, entre unas cousas e outras non paro. O seu ex-axudante comezou como nos vellos tempos a refollar mentalmente a axenda e dandolle o seu ex-xefe posibilidades de días, horas, buscando acertar, recordando os vellos gustos dele. O Xefe ia respondendo sen asegurar o encontro. Este día imposible, na quarta de ninguna maneira. Total non deron combinado para tal encontro. E adiaron un cafeciño para outras datas que xa verían.
Colgou, despediuse do seu ex colaborador , respirou e dixo-se a se mesmo : Quanto tempo sem negarlle a ninguem una cita, un encontró, precisava decirlle a alguém que non. Agora sinto-me mellor, precisaba de decirlle , non, a alguém. Se está interesado xa chamará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: