Ethnos kallaikon, o pobo galego.
Ethnos kallaikon, o pobo galego.
Unha reprodución do relevo da alegoría galega do templo de Afrodisias.
as ruínas dun templo helenístico dedicado a Afrodita.
O Sebasteion de Afrodisias, feito nos albores da nosa era, cae a medio camiño entre as cidades turcas de Esmirna e Antalya. A
pesar
de exhibir inscricións en grego, é un templo imperial romano, por un
lado construído para honrar a Afrodita, a deusa do amor, e polo outro
para presumir das conquistas bélicas.
No Sebasteion, ao lado do pobo galego, existen representacións doutros
remotos pobos subxugados. Entre outros, os etíopes, os dacios, os
exipcios, os árabes, os xudeus ou os retos, hoxe parte dos suízos, teñen
un lugar xunto a nós. Ningún tan lonxe de Anatolia como o galego, o cal
nos dá a entender a ansia dos imperiais por alardear de teren
introducido no seu esquema as terras, as riquezas e as xentes da fin do
mundo, que eramos nós. Ningunha outra mención a ningún pobo peninsular
agás o noso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios: